Jueves, 18 de marzo de 2010 - 17:49 h

Lingua e negocio

Xornal.com Actualizado 10/08/2009 - 02:06 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 3 voto/s

O que fixo a Xunta sobre o galego foi unha enquisa ou unha consulta?

Non é unha enquisa propiamente. Os resultados non me parecen malos porque non dá os esperados para os máis partidarios do castelán. Se cunha participación tan baixa, os galegofalantes máis os defensores das dúas linguas son maioría, nunha consulta na que moita xente non contesta, demóstrase que a situación do galego no ensino é boa e, como mínimo, á altura do decreto que derrogarán.

Pódese falar de galegofobia nalgúns sectores máis ou menos pequenos?

Levo toda a miña vida en Madrid e ao vir vexo como cambiou a xente. Antes, se podería falar máis ou menos galego –máis que agora, seguro– pero ninguén o atacaba. Agora si. Clases urbanas activas van contra o galego, agochándose nunha retórica de ataques ao castelán que resultan absurdos para calquera. O decreto fala de metade de clases en cada idioma oficial. Entón porque protestan? Porque as que son en galego son en galego.

 

Como chega a lingua a estes problemas?

O proxecto de modernización de Galicia incluía a idea, nunca negociada con Madrid, de que o idioma se cambiaba. En Cataluña, pola contra, a burguesía negociou co idioma porque competían con Madrid. A burguesía de Cataluña encontroulle un valor ao idioma, cousa que a galega non,tamén porque era máis feble.

 

A identidade tamén é útil...

Galicia se se quere expresar no Estado vaino facer moito mellor cunha forza propia. A identidade permite negociar en moitas mellores condicións. Se perdemos a baza de traballar nun eido propio, seremos igual a Estremadura ou sitios destes identificados coa centralidade sen problema ningún. A lingua é negocio, a identidade é un factor de negociación. No momento actual, non é o mesmo Caixa Catalunya que Caixa Galicia porque a primeira é Cataluña en marcha e está diferenciada.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.