Lunes, 22 de marzo de 2010 - 4:31 h

A carga económica de separar, o gran obstáculo do PP

Xornal.com Actualizado 12/08/2009 - 01:07 h.
1 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 5 voto/s

A posibilidade de implantar unha segregación lixeira e limitada aos dous primeiros ciclos educativos conta cun importante problema de cara a que a Xunta a plasme por escrito no novo decreto: o seu alto custe económico. A separación por lingua nas aulas obrigaría a duplicar recursos en moitos centros por mor dunha necesidade que non semella clara, o que chocaría frontalmente co primeiro mandamento –de intención máis publicitaria que real segundo PSOE e BNG– do novo Goberno: a austeridade.

Ademais, a posibilidade dun ensino dividido por razóns de idioma tamén podería supoñer un alto custe político para o PP. Incluso moitos sectores dos populares amosarían a súa contrariedade por esta decisión, especialmente en zonas rurales ou entre os sectores galeguistas que sobreviven da época de Fraga. Por suposto, para a oposición, xa de por si alerta e enfadada polo que considera unha agresión sen precedentes ao maior símbolo de Galicia, esta medida sería motivo de confrontación aberta tanto no Parlamento como na rúa, onde xa se xuntaron 40.000 persoas o pasado 17-M para protestar pola política lingüística de Feijóo. Só organizacións como Galicia Bilingüe apoiarían a medida, pero con matices vista a súa voracidade.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
Goberno galegofobo e segregador
galego
2009-08-11 04:27:06
Todas estas politicas galegofobas e de segregacion son o pago do PPdeG os GB despois de que estes lles fixeran a campaña de desgaste do bipartito difundido a mentira de que estes "imponian el gallego". Teñen que devolverlles os favores prestados, mais que nada pq senon nas proximas eleccions ese voto poderiar ir parar os UPyD. E nada menos que ese voto de extrema dereita é o que lles garante a maioria absoluta. Os galeguistas dese partido (que tamen existen) mentres tanto seguen mudos ante esta politica de agresions contra a nosa lingua. Igual parecelles que erradicar o galego do ensino ou segregar nenos galegofalantes coma no apartheid e unha forma de fomentar o galego e dignificalo. A min pareceme todo o contrario, parecem unha medida tipica dos reximenes fascistas e que fomenta o autoodio, a iñorancia, e a discriminacion contra os nenos galegofalantes. Pq se todolos nenos poden estudar ingles ou matematicas, tamen poden estudar a lingua propia de Galicia (a lingua galega). Este goberno ten a obriga de cumplir o estatuto que obriga a que se garanta o coñecemento das duas linguas oficiais. Sr.Feijoo vostede non foi elixido presidente para acabar cunha lingua.

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.