Martes, 09 de febrero de 2010 - 19:29 h

A segregación por lingua sería en Infantil e Primaria

O programa do PP falaba de “acoller aos alumnos no idioma materno para logo introducilos na outra lingua oficial”
Rodri Suárez Actualizado 14/08/2009 - 01:59 h.
22 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 11 voto/s

Tras unhas semanas nas que semellaba que a idea estaba desbotada –días que coincidiron coa ritual explosión galeguista do 25 de xullo– a posibilidade de que a Xunta do PP segregue aos alumnos por motivos lingüísticos volve estar enriba da mesa. Logo de que o presidente da Xunta, Núñez Feijóo, deixase esa decisión en mans do conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, fontes do departamento confirmaron que esa opción é unha das que se manexan, se ben ao mesmo nivel que outras moitas e sen ser en ningún caso a prioritaria. Pero existe unha fórmula, que está a ser barallada en San Caetano, que ademais permitiría que o PP presumira de cumprir o seu programa electoral sen chegar a ceder completamente ás posicións de Galicia Bilingüe ou grupos similares, pero achegándose bastante.

A Xunta estuda implantar unha segregación mixta ou light por razóns de lingua nos centros educativos galegos, reducida só aos primeiros anos e en poucas materias, no tramo de infantil e secundaria. Precisamente, na discutida consulta aos pais foi neses sectores onde máis forza obtiveron as posicións a favor da preponderancia do castelán, postura que non foi maioritaria no cómputo xeral, onde gañou o uso das dúas linguas oficias. Porén, o propio Feijóo destacou os datos procastelán, indicio de que o decreto que substituirá ao do bipartito planea tratamentos distintos segundo as idades escolares, algo que tamén ten suxerido o conselleiro do ramo e incluso o secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo. Este último, das críticas aos que falaban de imposición do galego ten pasado a posicións nas que abre vías de separación nas aulas. Lorenzo, segundo as súas propias declaracións, amósase en contra da segregación total dos rapaces, pero non nega que o decreto podería impulsar unha separación parcial, por tramos, o que chama un “modelo mixto”. Na mesma liña móvese Feijóo, que dixo estar en contra da división nas escolas pero matizando que só cando esta é “xeneralizada”.

O propio programa electoral do PP explica a idea –cualificada de apartheid pola oposición– que agora valora a Xunta: “Garantir que se respecte o dereito dos pais e dos nenos a elixir a súa lingua materna; e garantir que todos os alumnos sexan acollidos no sistema educativo nela, e introducidos progresivamente na outra lingua oficial”. Iso, en forma de clases separadas nos dous primeiros ciclos, é unha das opcións con máis posibilidades das que estuda a Xunta.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
Segregar, segregaré...
MeloMan
2009-08-11 23:27:45
"Segregar, segregaréé, lueguito de clareaaar, mientras en el pueblo haya un nenito, un viejo y un cantaaaar" Huyan Los Vientos (Reconstituído) Do disco "Bilingüismo Cordial Yé-Yé" ou "La Nueva Galicia, Heil"
2
Veremos
XG
2009-08-11 20:41:18
Acollelos nenos pequenos que por priema vez deixan o colo da nai para iren á escola na lingua que ata entón oiron falar, fose galego ou castelán, para paulatinamente metelos na outra, parece apropiado. Se por segregación entendérase esa INICIAL, de forma que ó final acaben manexánndose nas dúas, pois estaría ben. Pero se por segregación houbera que entender segregación A SECAS, estaría mal, moi mal. Tan mal que xustificaría formas duras de resistencia.
3
Tipico dun reximen nazi
Maria
2009-08-11 19:48:16
Sr. Feijoo acaso considera que o meur fillo por ser galegofalante ten a peste para telo que separar dun castelanfalante?. Imos ser os galegofalantes os novos xudios ou negros no seu reximen?. Dan noxo pandilla de fachas. Son vostedes responsables de ter creado e alimentado un novo razismo. Un racismo galegofobo.
4
APRENDER
unha mai galegofalante
2009-08-11 18:14:22
Temos tres fillos escolarizados, somos unha familia galegofalante,nun entorno social onde o natural é a língua galega. Non ven televisión os nosos fillos, e nos seus resultados académicos, sempre obtiveron as máximas calificacións en língua e literatura castellana (o último unha matricula de honra na universidade). Educámolos na língua natural do pais, respetando e valorando a herencia dos nosos antepasados, e fomentando que aprendesen todo o que o sistema educativo lles o ofrecese, non temos conflito, non renegamos do noso, sentímonos ben sendo galegos/as.
5
Convería deixar claro que a cidadanía quere ensino en galego
Francisco López
2009-08-11 17:06:47

A enquisa do PP, feita para os votantes do PP, apoiada e moitas cubertas polas asociacións galegofóbicas, publicitada polas emisoras e medios escritos da dereita (COPE, VOZ...), di as "claras" o contrario do que o PP, e algún periodista "ingenuo" non da explicado, os pais e as nais en Galicia, queren ensino en galego. Por mais que diga o PP. Conviría que algún defensor do galego mirase os resultados da enquisa do PP. http://chuza.org/historia/consulta-do-pp-sobre-linguas-no-ensino-as-sumas-das-que-non-falan-os-grandes-medios-de-manipulacion/

6
De que nos estranamos??
Reimone
2009-08-11 14:13:15
En Galicia, a "autoritas" leva anos promovendo a segregación. Subvencionando colexios relixiosos separados por sexos, separados por orixe social (cantos inmigrantes ou minorías raciais hai nas privadas, en contar do seu evanxelio), separados por relixión, e agora só fallta pola lingua materna, en contra de calquer sentido común. O seguinte será coser unha estrela na roupa dos galegofalantes.
7
Non ao apartheid
Pedro
2009-08-11 14:01:29
Os sindicatos de ensino deberían ir pensando en paralizar o ensino cando comece o curso. Nin separación por sexos, nin por razas nin por linguas, nin subvención aos centros privados. Expliquémoslles aos pais que os cartos do ensino público van para a privada. O que queira escola privada que a pague. ¿Estaría ben preguntarlles aos pais se queren inmigrantes musulmáns nas aulas dos seus fillos? ¿Tamén os imos separar por relixión?
8
Comunidade Europea
mingo
2009-08-11 13:48:30
Segundo a comunidade europea, os pais NON teñen dereito a escoller a lingua coa qu seran educados os seus fillos, e as administracións e teñen a obriga de ensinar aos nenos de cada comunidade, todalas linguas faladas en dita comunidade.
9
Para Fran
luis
2009-08-11 13:44:44
Non deixandose levar un polo que pensa, o galeguiso do pp hoxe en dia non vai mais aló das festas(empanada,polbo e carne ó caldeiro)e o folclore, esa e a verdade, e ós galeguistas tampouco mais aló do que decia o numero 3 antonio miranda(toñito de allariz para os seus xefes) nunha entrevista ,decia él que lle daba "moita pena "que a sua filla "hablase castellano". Mais outra xente que ,sendo de dereitas,se consideran galeguista andan a botar a andar un interesante proxecto de futur,esto ultimo dito por Rafael cuiña, o que moitos consideramos hoxe en dia imprescindible,sorte no proxecto. http://www.facebook.com/converxencia

1 |  |     

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.