Os ríos galegos sufriron máis de 5.000 vertidos no que vai de ano

A Xunta descubriu 4.986 en tres meses, mentres as tres confederacións recibiron 63 denuncias e non investigan os derrames da súa área
Sonia Dapena Actualizado 21/08/2009 - 23:38 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 3 voto/s

As augas do dominio público hidráulico galego (ríos e desembocaduras) presentan un elevado índice de contaminación. Segundo os datos facilitados a Xornal de Galicia polas catro administracións que controlan os ríos da comunidade –Augas de Galicia, dependente da Xunta, Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, Confederación Hidrográfica do Cantábrico e Confederación Hidrográfica do Douro– tan só en 2009 contabilizaronse uns 5.048 puntos de vertido.

Os casos máis preocupantes son os descubertos pola nova Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras que dende que leva no poder fixo un estudo, a través do ente Augas de Galicia, no que localizaron 4.986 nos regos da súa competencia. No entanto, o departamento de Agustín Hernández non quixo aclarar cales foron os ríos afectados.

A Xunta so controla os ríos “que nacen e morren en Galicia”, –tamén chamados os ríos costeiros– da Coruña, Pontevedra e Lugo. A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil é a outra administración que ten máis competencias transferidas. Así, segundo fontes desta entidade da que dependen 9.324 ríos, regatos, regos, caborcos, carrozos e canais, entre outros, recibíronse durante o que vai de ano 56 denuncias por verter residuos ás zonas fluviais. Entre eles, atópase o último caso descuberto en Valdeorras, onde o Sil se viu afectado polos metais dunha canteira do Bierzo. Este dato confirma o incremento das verteduras xa que en todo o 2008 houbo 61 denuncias, so seis más que ata xullo deste ano.

A Confederación Miño-Sil non ten un estudo da contaminación na súa área como o que achegou a Xunta. Con todo, aseguran que oito efectivos vixían a cotío os seus ríos en Ourense. Así o aseguraron en resposta a unha pregunta del PP en el Parlamento español. Un laboratorio acreditado de Ourense encárgase das análises. Mateñen que ademáis dos controis sistemáticos, hai outros non programados para comprobar a calidade das augas.

 

AGUAS RESIDUALES

En concreto, das 21 denuncias tramitadas en Ourense, 12 delas eran por vertidos a distintas correntes coma o arroio da Lama en Celanova, o río Barbantiño ou o río Barbaña, en San Cibrao das Viñas. Neste último caso a contaminación chegou a provocar a morte de 17.000 peixes. En Lugo tan só cinco das verteduras chegaron ás augas do río Ladra en Vilalba e catro arroios en Monforte, Quiroga e Vilalba. No caso de Pontevedra, tres denuncias debéronse a vertidos nos cauces do río Tea (Ponteareas), Louro (O Porriño) e Portapiñeiros (Covelo).

O resto das denuncias, segundo a confederación, “refírense a vertidos que constitúen un perigo para o dominio público hidráulico pero que non alcanzaron ningunha corrente”. Neste caso trataríase de derrames de augas residuais, puríns ou incumplimentos das autorizacións previstas para vertidos controlados.

Na Confederación do Cantábrico, resultante da excisión da Confederación Hidrográfica do Norte en dúas concas diferentes en marzo do 2008, tiveron noticia de sete episodios de derrames nos seus ríos en Galicia. Os residuos na Fonsagrada, A Pontenova, Baleira (2), Ribeira de Piquín e Riotorto (2) costaron case 2.000 euros en multas aos culpables. En todo o ano pasado as resolucións foron nove e supuxeron algo máis desa contía.

A Confederación Hidrográfica do Douro, que só controla o río Támega e os seus afluentes ao seu paso pola provincia de Ourense, asegurou que os técnicos atopáronse cunha boa calidade das augas tralas análises que realizaron nestes meses. En troques, no 2008 iniciáronse catro expedientes por vertidos que xa poderían estar resoltos, ademáis doutros trámites por depósitos de materiais e pozos ilegais.

Moitas son as hipóteses que intentan xustificar esta vaga de vertidos que vivimos nos últimos meses. Mesmo, o presidente da Confederación do Miño-Sil, Fracisco Fernández Liñares, apunta a que non hai máis dificultades senón que agora “temos sensibilidade medioambiental; isto hai 15 anos non era noticia”.

Segundo a Xunta, as causas xerais das verteduras son as malas redes de saneamento dos concellos e os puntos de alivio das mesmas. Tamén os particulares adoitan deixar os rastros da contaminación tras de sí.

O fiscal de Medio Ambiente, Álvaro García, mantén que un problema é “a contaminación industrial e os residuos humanos”, se ben priorizou os vertedoiros como causa dos residuos nos regos. “O dominio público hidráulico é o destino final de tódolos verteoiros mal xestionados”, sinalou. Liñares, suscribie o dito polo fiscal, pero tamén apoia a conclusión da Xunta: “En Galicia hai arredor de 30.000 núcleos de poboación; as redes de saneamento comezaron a construirse hai anos pero moitas aldeas so teñen fosas sépticas que a duras penas cumplen a normativa”.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.