Domingo, 21 de marzo de 2010 - 14:43 h

O cambio de cartelería custará 22.000 euros segundo traballo

C. D. P. Actualizado 21/08/2009 - 23:38 h.
1 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 1 voto/s

Unhas horas despois de que se celebrase a rolda de prensa na que os os conselleiros Jesús Vázquez e Beatriz Mato o deron a coñecer o novo logotipo da rede de escolas infantís, a conselleria de Traballo informou de que o cambio de cartelería, excluíndo o imposto de valor engadido, ascenderá a uns 22.000 euros.

Segundo informou a Xunta, a titular de Traballo non facilitou este dato “unicamente por non coñecelo a primeira hora da mañá”.

Igualmente, fontes deste departamento aseguraron que o custo non é tanto xa que “o cambio de cartelería non está motivado unicamente pola variación do deseño corporativo da rede preescolar, senón que a reforma da rotulación era necesaria debido a que, co cambio de Goberno, é un departamento distinto o que se fai cargo deste servizo”.

Por outro lado, a Xunta non quixo desvelar o nome da empresa que se encargou de deseñar o logo da Galiña Azul. A imaxe está inspirada no conto do escritor Carlos Casares pero, non obstante, a idea creativa do debuxo foi realizada por unha empresa privada, que segundo a Xunta xa percibiu os seus honorarios. Custe este do que non se deron datos. Segundo informaron a Xornal de Galicia desde a consellería de Traballo “a política da Xunta establece non dar o nome de empresas que realicen algún servizo para a Administración se non houbo un concurso cuxo resultado fose publicado no DOG”.

Non obstante, e a pesar da falla da información por parte do Executivo galego, Xornal de Galicia puido saber que a firma encargada da imaxe das aulas infantís e a empresa Europublic con sede na Coruña.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
Que se deixen de caralladas...
Xoan Maza
2009-08-19 17:31:51
...e que se poñan a gobernar. O único que fai este conselleiriño -e a do modelito de verán- é facerse fotos, escarallar o que hai feito e gastar os cartos en parvadas. Agora o símbolodespolitizador vai ser unha galiña (azul, por suposto, a cor do falanxismo e do PP), símbolo da submisión. Que non sexa símbolo da imposición do castelán nas garderías ou como lle queiran chamar. A Fundación Carlos Casares debera protestar por esta apropiación.

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.