As palabras do último gran xefe dos apaches

Tras a morte da súa muller e fillos a mans dos mexicanos, liderou ao seu pobo contra os brancos
Xornal.com Actualizado 26/08/2009 - 20:56 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 0 voto/s

As memorias que o último gran xefe dos apaches chiricahuas, Xerónimo (1829-1909), dictou ao seu intérprete, S.M. Barrett, e que se publicaron co apoio do presidente Roosevelt, foron editadas en español no centenario da súa morte pola editorial Mono Azul co título Soy apache. O director da editorial sevillana, Javier Hernández Pizarroso, destacou que o idioma que Xerónimo usou sempre para entenderse co home branco foi o español –de feito S.M. Barrett fíxolle de intérprete nese idioma– e os seus grandes inimigos non foron os casacas azuis do norte, senón as tropas mexicanas. Nunha incursión comercial ao sur dos chiricahuas, os mexicanos masacraron ás mulleres e os nenos apaches, nunha acción na que, sen xustificación militar nin defensiva algunha, pereceron a nai, a esposa e os tres fillos pequenos de Xerónimo.

Esa perda foi a que levou ao mozo Xerónimo –fíxose guerreiro e casouse con 16 anos– a poñerse á fronte de tres tribos apaches que atacaron o norte de México e dezmaron a sección de cabalería que cometera a covarde acción. Xerónimo, que debe o seu nome a unha vitoria sobre o exército mexicano que se produciu o día de San Xerónimo, asumiu o mando da nación apache deportada á reserva de Fort Sill, en Arizona e, en 1880, foi o responsable do hostigamento ás forzas do xeneral George F. Crook, para tratar de manter o seu territorio. Foi detido en 1884, pero fuxíu e resistiu varios anos ata que, esgotado e sen recursos, entregouse voluntariamente ao xeral Miles. Asinou un tratado que non se cumpriu e, en 1894, instalouse en Oklahoma como agricultor. Alí aceptou facerse fotos a cambio de cartos e converteuse nunha especie de atracción de feira e, nos últimos anos da súa vida, ditou estas memorias.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.