Cen anos de sal en Ribadeo

Un negocio familiar distribúe o tesouro mineral dende o norte de Lugo, que protexe tanto o peixe como as estradas
Xornal.com Actualizado 13/09/2009 - 18:10 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 0 voto/s

O sal que protexe as estradas das placas de xeo no inverno, o que condimenta as sempre socorridas xoubas en lata, ou o que envellece o coiro dos bolsos nace no Mediterráneo e gárdase, como un tesouro mineral, nos almacéns de Sales del Sur, en Ribadeo (Lugo). Cando o século XX aínda non tiña dentes, en 1902, Juan S. Leiras montou unha empresa de almacenaxe na parroquia de Porto. Traballaba con distintos produtos, pero a estrela do negocio era o sal, tanto que máis de cen anos despois a súa familia aínda vive do cloruro sódico, esas pequenas xemas básicas na nosa gastronomía.


Sen moverse nunca do sitio, a empresa trocou o seu nome por Hijos de Juan S. Leiras e Juan Casteleiro & Cía, ata que nos últimos anos se asociou con Sales del Sur, con sede en Vigo, pero nunca cambiou a súa función comercial, segundo explica Juana Casteleiro, unha das propietarias do salgado negocio.
Nos seus almacéns caben ata 1.800 toneladas de sal, que chega por barco dende a costa mediterránea e se custodia en Ribadeo, de onde sae en envases de 1.000 quilos ou en camións rumbo á central de Vigo, onde se comercializan as cantidades 
máis pequenas. “É alí onde teñen a maquinaria especializada”, di Casteleiro.


Os clientes directos do almacén son, sobre todo, empresas que consomen grandes cantidades de sal, como conserveiras, curtidoras, ou leiteiras. Conservas Albo ou La Gira son algunhas das máis coñecidas, aínda que tamén traballan para a rede de estradas, proporcionando o sal que se sementa en previsión de xeadas. No último inverno, o sal ribadense cubriu os viais de toda Galicia e do norte de Portugal, ata Porto. Porén, con tan lonxeva traxectoria, o negocio familiar atesoura tamén unha boa lista de clientes minoristas, como restaurantes e panadarías, aos que tamén lles despacha o seu produto.


Tendo o Cantábrico tan preto, prefiren o cloruro sódico do Mediterráneo porque a súa pureza é maior, e del sae “o mellor sal do mundo”, moito máis rendible que o das outras masas de auga que arrodean a Península. 

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.