A pesar de que os galegos que viven no 93% dos concellos da comunidade envían o seu lixo ao vertedoiro de da Sociedade Galega de Medio Ambiente (Sogama), en Cerceda, o país ten ata 31 instalacións deste tipoque contan con autorización e permanecerán operativas. A maioría delas son xestionados pola Administración pública –16 pola Xunta e seis por municipios–, mentres que nove están en mans de empresas privadas.
Aínda que o imaxinario popular fai que se pense en montañas de bolsas de plástico cando se fala dun vertedoiro, estas instalacións poden ser de moitos tipos. Así, a metade dos que hai en Galicia, en concreto 17, son depósitos onde se acumulan residuos da construción e demolicións da obra. Na maioría dos casos, aproveitouse unha canteira xa pechada para botar alí estos despoxos. É o caso de concellos como Chantada, Monterroso, Monforte, Ribadeo, Xove ou Vilalba.
Ademais, hai 13 basureiros residuos solidos urbanos (RSU) e lixo industrial non perigoso, así como un para os que si son perigosos: a planta situada no concello coruñés de As Somozas, da Sociedade Galega de Residuos Industriais (Sogarisa).
No caso dos RSU, ademáis de Sogama, existe un vertedoiro en Nostián, para nove municipios, A Coruña e os que integran o Consorcio das Mariñas (Abegondo, Arteixo, Betanzos, Cambre, Carral, Culleredo, Bergondo e Oleiros).
Así mesmo, outras nove vilas –as que integran a Mancomunidade de Concellos da Serra do Barbanza– levan os seus despoxon a unha planta en Lousame. Ademais da vila que acolle a planta, están Ames, Rois, Carnota, Porto do Son, Brión, Pontecesures, Muros e Noia.
AREOSA, EN NEGATIVO
Agustín Hernández definía onte a sinuación como “non moi positiva”, xa que ás instalacións de Areosa só lles queda un ano de vida útil, polo que a Xunta xa prevé a súa ampliación para poder xestionar todo o lixo que xeneran 2,2 millóns de galegos.
Pola contra, o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas asegura que nos vertedoiros de residuos industriais –tanto os que son perigosos como os que non– a situación “e bastante máis positiva” e “sensiblemente mellor” porque a capacidade das instalacións non está tan ocupada.
No caso do lixo industrial, recóllense cada ano 395.000 toneladas e a súa capacidade restante é de 3,6 millóns de toneladas. No caso dos perigosos, trátanse anualmente 134.000 e hai espazo para 1,9 toneladas.
Dende a Xunta explican que, dos 31 vertedoiros existentes, 23 dedícanse á eliminación dos residuos, mentres os oito restantes fan, ademais, “valorización” dos despoxos, é dicir, aproveitalos para incorporalos ao ciclo produtivo, mediante procedementos que non poñen en risco a saúde das persoas.
Medio Ambiente tamén aclaraba onte que catro dos vertedoiros incluídos na imaxe superior están aínda en proceso de construción. Trátase dos de A Rúa, As Pontes, Cerceda e Santiago.
A pesar de que o propio Agustín Hernández sinalou onte que non estaba entre os obxectivos crear máis basureiros –senón “optimizar” os existentes– o certo é que o Plan de Xestión de Residuos Urbanos contempla a creación de novas plantas de tratamento en toda Galicia, co fin de descentralizar o modelo Sogama. Esto suporá construír aínda máis vertedoiros dos que hai, mentres que Hernández insiste en que no futuro hai que reducir o lixo acumulado neles e apostar por tratar os despoxos. Pero a cuestión é se existe un verdadeiro plan para deter a súa proliferación.
