Martes, 09 de marzo de 2010 - 23:29 h

A Xunta defende os concertos con centros que segregan por sexo

O PSOE atribúe a Educación un “verán negro” e un inicio de curso “grave” con catro contenciosos abertos
C.D.P / Axencias Actualizado 31/08/2009 - 02:26 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 1 voto/s

Tras o Consello da Xunta celebrado onte, o presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, defendeu a legalidade dos concertos educativos con centros que segregan segundo o sexo dos alumnos. Así, o dirixente apoiou as subvencións que este ano recibiron cinco centros escolares concertados de Galicia que separaban as aulas en función do sexo de nenos e nenas. A medida contou dende o principio coa oposición frontal non só dos sindicatos senón tamén da oposición.

Non obstante, e a pesar das críticas, o líder dos populares galegos defendeu que “tanto o Goberno do PP como o do bipartito sempre entendeu que estes concertos eran legais”. De feito, para incidir na obriga que ten a Xunta de Galicia á hora de dotar de axudas a estes centros, o presidente referíuse a unha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Asturias. “A Xunta non pode facer discriminacións cos concertos educativos porque a dirección ou os pais dun colexio decidan separar aos alumnos”, sentenciou.

Igualmente, Feijóo defendeu o sistema de “gratuidade solidaria” nos libros de texto que entrou en vigor esta mesma semana. Co novo sistema, que se irá implantando progresivamente, as familias recibirán axuda para a compra de material escolar segundo o seu nivel de renda. “Non creo que isto non sexa adecuado cando neste momento se está pensado dende o Goberno central en subir os impostos das rendas máis altas. Non creo que lle teñamos que pagar os libros a estas familias”, explicou.

De feito, o mandatario autonómico manifestou que o sistema posto en marcha polo bipartito, no cal se levaba a cabo un préstamo de todo o material escolar a todos os alumnos de Galicia “era o contrario á gratuidade. Non se estaba dando nada, estábase prestando”.

A defensa que fai o presidente da Xunta das políticas que está a levar a cabo a Consellería de Educación contrasta coas arduas críticas das que son obxecto por parte da oposición.

No día de onte, o deputado socialista Guillermo Meijón Couselo realizou un balance dos últimos meses do departamento que dirixe Jesús Vázquez. Os socialistas falan de “un verán negro que precede a un inicio de curso grave co desconcerto dos pais polo novo sistema de gratuidade dos libros de texto e os catro contenciosos administrativos presentados contra esta consellería”.

Meijón Couselo criticou que “cada medida que levou a cabo a Xunta en materia de Educación foi un golpe de martelo con fórmulas de imposición, opacidade e desprezo normativo, ao non contar nunca co Consello Escolar nin cos equipos directivos”.

Os socialistas galegos destacan que o curso escolar se inicia “cunha proposta de convocatoria de folga nas Escolas Oficiais de Idiomas e catro contenciosos”, referidos á concesión de axudas a centros privados que segregan por sexo; á aplicación do horario nos centros de idiomas; á reforma do currículo de infantil en relación ao decreto da lingua galega e tamén pola redución do 5% da plantilla do Centro de Formación Europeo de Seguridade (Cefores).

No caso concreto do sistema de libros, Meijón censurou que “chegaron ata tal punto, que se creron as as súas propias mentiras” e censurou que o presidente da Xunta dixese que a gratuidade será para o 70%, mentres que “a propia consellería o reduciu ao 25%”. “Galicia terá a volta ao cole máis cara de todo o Estado”, indicou o deputado, quen sentenciou que, para o novo Goberno, o ensino privado e concertado “son as súas grandes aliadas”.

Do mesmo xeito, cualificou de “verdadeira antoloxía do disparate” as declaracións de Feijóo e Vázquez acerca da posibilidade de segregar os alumnos por razón de idioma. Precisamente, ao respecto da lingua censurou a “confusión á opinión pública”, así como o cambio das antigas galescolas pola rede A galiña azul e a propia enquisa aos pais.

Preguntado por se o PSdeG estaría disposto a mobilizarse pola lingua, como propón o BNG, Meijón defendeu que os socialistas buscará “os consensos” e evitará a “confrontación”. En todo caso, en “función de como transcorran as cousas, pensaríano”, apostilou.

 

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.