A Xunta promete axudas para que a arte galega vaia as grandes feiras

O conselleiro Roberto Varela comprometeuse coa Asociación Galega de Galeristas, pero non adiantou aínda cantidades económicas. Crearase tamén a feira Espazo Atlántico, que se celebrará en Vigo en xaneiro para "competir con Arco"
Xornal.com Actualizado 10/09/2009 - 02:06 h.
1 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 1 voto/s

Mentres axudas como as das traducións de libros ou as dos festivais de cine fican desaparecidas, a Consellería de Cultura comprometeuse este mércores co sector das galerías de arte a abrir unha liña de subvencións específicas para que estes establecementos acudan a feiras internacionais coa condición de que a metade dos artistas que leven sexan galegos.

Así o explicou o conselleiro, Roberto Varela, tras manter unha reunión con representantes da Asociación Galega de Galeristas, na que comprometeu esta medida, da que non precisou a cuantía económica, co obxectivo de "promocionar a cultura galega e aos artistas galegos no exterior".

Ademais, durante a reunión, os presentes asinaron un acordo para pechar todos os pagos pendentes ata agora de compras realizadas por parte do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) e da asistencia a feiras durante este ano. Así mesmo, confirmaron que en datas próximas asinarán outro convenio para a asistencia a feiras en 2010.

ESPAZO ATLÁNTICO

Por outra banda, o conselleiro comprometeuse a apoiar a creación da feira Espazo Atlántico, que se celebrará en Vigo en xaneiro, para "competir con Arco" e "dar a coñecer aos artistas galegos".

Nesta liña, Roberto Varela criticou que a programación da feira internacional de arte contemporánea 'Arco' "está levando unha política que marxina un pouco á periferia" de España, aínda que explicou que se poñerá en contacto cos seus representantes para "solucionar esta situación".

CRISE ECONÓMICA

Pola súa banda, a representante da Asociación Galega de Galeristas, Asunta Rodríguez, confirmou que este ano está sendo "complicado" para o sector por mor da crise económica, xa que "a arte é o primeiro sector que se resiente e o último en recuperarse".

Con todo, a representante indicou que en Galicia hai "artistas polos que merece a pena loitar" e o conselleiro recordou que a Xunta apoia ás galerías de arte "non como establecementos comerciais, se non como medio de promoción dos artistas galegos".

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
bla bla bla
Julio Rica Gonzalez
2009-09-04 15:33:26
estos políticos se llenan la boca de palabras pero a la hora de la verdad, sólo favorecerá a las galerias de costumbre, y con los artistas de costumbre sopretexto de la bobada de rigor! es todo una patraña, y si no, al tiempo!!

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.