Colisión múltiple e corte de tráfico na AP-9 por mor dun incendio

>> O fume impedía a visibilidade polo que se deu en cortar a circulación nos dous sentidos da autopista.

>> Oito vehículos víronse implicados nun accidente no que unha nena resultou ferida grave

Xornal.com Actualizado 04/09/2009 - 03:33 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 3 voto/s

O fume dun incendio na mediana da autoestrada AP-9 provocou esta tarde unha colisión múltiple entre oito vehículos nesta vía ao seu paso polo municipio coruñés de Abegondo e obrigou a cortar o tráfico en ambos os dous sentidos durante dúas horas. O accidente, onde se viron implicados seis turismos, un autobús e un camión de bombeiros, produciuse sobre as 16.20 horas no quilómetro 20 da AP-9, en dirección Vigo, a causa do forte fume que había na zona e da escasa visibilidade.

Ao lugar do suceso desprazouse unha dotación de Bombeiros de Betanzos para sufocar o lume así como efectivos da Garda Civil de Tráfico e Protección Civil, que procederon a cortar a vía en ambos os dous sentidos, xa que non presentaba suficiente visibilidade como para permitir a circulación. Ás 18.15 horas o tráfico quedou completamente restablecido.

Así mesmo, o 061 enviou un ambulancia medicalizada para evacuar unha nena de dous anos, que resultou ferida grave, así como senllas ambulancias para asistir á nai da pequena e dúas persoas máis, feridas leves, según informa Ep.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.