A Concelleira de Cultura da Coruña, María Xosé Bravo, manifesta a súa preocupación pola intención da Consellería de Cultura de non continuar o vindeiro ano coa celebración do Cultur.gal, a Feira Galega das Industrias Culturais, que tiña a Coruña como sede permanente tal e como se tiña anunciado e comprometido co anterior goberno galego.
María Xosé Bravo amosou a súa decepción ante este cambio de actitude da Consellería que tal e como confirmou o Director Xeral da Promoción e Difusión da Cultura na Coruña, Francisco López Rodríguez, non continuarán con esta iniciativa que o ano pasado contou con máis de 37.000 visitantes ao longo de catro días na Coruña, case cuadriplicar a participación obtida na primeira edición en Pontevedra que contou con máis de 10.000 persoas.
A Concelleira considerou unha pérdida moi grave non só para a cidade da Coruña senón para todo Galiza xa que tratábase dunha iniciativa que buscaba amosar toda a fortaleza e vitalidade da cultura feita en Galiza ao mesmo tempo que incentivaba a adquisición de libros, discos e filmes galegos durante o Nadal e que ante os datos de participación do ano pasado, contaba cunha moi boa acollida na cidadanía.
A Concelleira suliñou que trátase dun proxecto a medio-longo prazo por iso o dañino que sería este parón na que sería a súa terceira edición o que suporía un dano irreparable xa que o obxetivo final centrábase en lograr facer desta feira un referente dentro sector cultural.
Outro aspecto destacable é o firme compromiso da anterior Conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo, coa cidade da Coruña que anunciara xa a principios do ano pasado que A Coruña sería a sede permanente de Cultur.gal que se celebraría nas datas previas ao Nadal. De feito a concelleira coruñesa xa tiña reservado o espazo municipal de Palexco no mes de decembro en previsión da celebración desta feira.
A decisión de elexir A Coruña como sede permanente tomouse logo de avaliar como moi positiva a presenza de público na feira que ao longo dos catro días de celebración pasaron polo recinto arredor de 37.000 persoas o que significa case cuadriplicar a asistencia respecto da primeira edición.
Ante estos datos a Concelleira considera “moi prexudicial” a decisión da Xunta de non levar a cabo este importante evento na cidade sobre todo tendo en conta a actual situación de crise.

