Aluvión de críticas contra Negreira tras a súa loa a Astray

Xornal.com Actualizado 16/09/2009 - 01:34 h.
2 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 12 voto/s

O portavoz do grupo municipal do Partido Popular da Coruña, Carlos Negreira, foi onte obxecto de numerosas críticas tras cualificar a Millán Astray de “coruñés de pro”, absterse no proceso de retirada da simboloxía franquista na Coruña e defender a permanencia da estatua do fundador da Lexión.

Guillerme Vázquez, o voceiro nacional do BNG, asegurou onte que as declaracións do portavoz do PP da Coruña evidencian “políticas ideolóxicas de dereitas, que encaixan ben coas recentes manifestacións” do popular.Pola súa banda, o presidente do Ateneo republicano de Galicia, Carlos Echeverría, botoulle en cara ao portavoz do PP coruñés que non tivera participado na comisión que decidiu a retirada dos símbolos preconstitucionais na cidade. “El podía haber estado alí”, sinalou.

Ademais, o presidente da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña, Manuel Monge, pediu a retirada inmediata da efixie e “agradeceulle” a Negreira que amosase a súa postura. “Xa as cousas están moito máis claras. Negreira, en representación do PP, defende a capa i espada a Millán Astray dicindo que foi un coruñés de pro. Mi madriña!, se todos os coruñeses de pro que temos fosen como Millán Astray estabamos listos”, sinalou, tras reiterar a súa petición de que a estatua se funda para construir un monolito dedicado aos represaliados do franquismo.

O BNG da Coruña tamén denunciou o posicionamento do PP e do seu representante coruñés, ao que acusaron de “identificarse co franquismo” e “poñer en evidencia a súa incapacidade para aasumir a historia de Galicia e de España”. A través dun comunicado, o Bloque asegurou que “Carlos Negreira e o Partido Popular queren honrar aos golpistas que aniquilaron a democracia e trouxeron a guerra e aditadura”, nunha actitude que “amosa o seu posicionamento claro cos verdugos e non coas vítimas”.

Os nacionalistas coruñeses denunciaron “o posicionamento ultramontano” do PP e censuraron que “non se pode enxalzar e honrar cunha estatua a unha persoa que contribuiu ferventemente a aniquilar a democracia republicana”.

Pedro Puy, o portavoz de economía do PPdeG, saiu en defensa do voceiro coruñés do PP. “Negreira e eu estamos sempre a favor da intelixencia e nunca a prol da morte”, dixo.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
fachita
coruñesa
2009-09-14 12:19:47
Negreira deja a Coruña en paz, eres un facha !! se te ve el plumero a ti y a tus mariachis !! Y este personaje quiere ser alcalde !!!vaite para Santiago que é donde vives !!
2
Fóra
Loaira
2009-09-13 13:58:04
Fóra Negreira, personaxe anacrónico e imcompatible coa liberdade.

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.