Desaparece o 'pai' de Shinchan cando facía senderismo

Yoshito Usui, autor do manga sobre este neno rabudo, está en paradoiro descoñecido dende o venres, cando se adentrou nunha zona montañosa do Xapón
Xornal.com Actualizado 25/09/2009 - 04:25 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 1 voto/s

O creador do manga no que se basea a popular serie de debuxos animados xaponesa Shinchan, Yoshito Usui, de 51 anos, está desaparecido desde o pasado venres cando foi a facer senderismo a unha zona montañosa, segundo informou este mércores a axencia nipona Kyodo.

A policía das provincias de Gunma e Nagano (centro do país) búscano nunha zona accidentada desde o pasado sábado, despois de que fose sen compañía a pasear e asegurase aos seus familiares que regresaría aquel mesmo día. Segundo o diario Asahi Shimbun, a policía realizou repetidas chamadas ao seu teléfono móbil sen que Usui responda.

A cidade de Kasukabe, onde reside, adoptou a imaxe de Shinchan como representación da cidade desde o pasado abril, xa que a historia  do neno rabudo e a súa familia transcorre na localidade da provincia de Saitama (ao norte de Tokio).

As aventuras do neno Shinnosuke Nohara en Shinchan, adaptadas á televisión e o cine, teñen un gran éxito en todo o mundo tras ser publicadas por primeira vez en papel en 1990. O personaxe de Shinosuke foi un gran éxito televisivo en Xapón nos 90 e foi dobrado a numerosos idiomas.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.