Sábado, 20 de marzo de 2010 - 9:03 h

Feijóo culpa a Zapatero e o bipartito dos recortes nos Orzamentos de 2010

O presidente augura as contas“máis difíciles da etapa autonómica” e reclama “altura de miras” á oposición parlamentaria
David Lombao Actualizado 21/09/2009 - 01:43 h.
1 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 2 voto/s

“Os Orzamentos máis difíciles de cadrar da etapa autonómica”. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, prende as alarmas económicas do seu Goberno para anunciar a elaboración dunhas contas públicas, as de 2010, que, asegura, “nacen lastrados” pola xestión económica do bipartito e mais do Goberno de José Luis Rodríguez Zapatero.

O “incremento de retribucións” que, segundo o presidente, caracterizou o mandato de PSOE e BNG, xunto ao “dobre recorte” dos ingresos procedentes do Goberno central e á circunstancia de que “o Estado non dea ningún sinal de pagar a Lei de Dependencia”, configuran, para Feijóo, unha situación “excepcional” que, di, non debe ser “ocultada” por parte de Facenda.

Con todo, Feijóo asegura que, “a pesar das dificultades”, o Executivo galego prepara unhas contas para “loitar contra a crise” e nas que “o primeiro” será “dar exemplo”, un precepto que o Goberno cumprirá mediante a redución dun 15 por cento dos “gastos de funcionamento” da Administración autonómica.

Segundo a promesa do presidente, no vindeiro exercicio minguarán os fondos destinados a “dietas, comidas, viaxes, consumo eléctrico, telefonía e comunicacións” cun obxectivo básico: “Manter e aumentar o gasto social”.

A preguntas dos xornalistas, Feijóo optou, unha semana despois de que PSOE e BNG dirixisen o groso da súa artillería parlamentaria a alertar sobre posibles “recortes sociais”, por deitar máis luz sobre estas partidas. Se ben as cifras son aínda unha incógnita, o titular da Xunta asegura que o gasto en áreas como sanidade, ensino ou dependencia “aumentará tanto porcentualmente como cuantitativamente”.

 

CHAMAMENTO A PSOE E BNG

Esta situación “excepcional” require tamén, a xuízo de Feijóo, “un comportamento excepcional” por parte dos grupos da oposición para “achegar posturas” en aspectos como a necesidade de “ver como priorizamos o gasto social”, un obxectivo para o que, afirma, o Goberno galego aportará “man tendida e espírito de grandeza” política.

Neste escenario, o xefe do Goberno asegura que fará “o imposible” para lograr un consenso que, lembra, “pedín cando era xefe da oposición” e que agora, apunta, avoga por orientar para “escoitar e, se é posible” acordar as novas contas.

Así e todo, Feijóo combina este ofrecemento cunha nova crítica á política económica do bipartito xa que, explica, de terse producido ese ofrecemento na pasada lexislatura “diríalles que tiñan falseadas as cifras, non o puiden dicir e, lamentablemente, tiñamos razón”.

Neste sentido, o presidente da Xunta que todo o que non sexa un “Orzamento crible” será un erro e, por iso, explica, Facenda fixará a previsión de crecemento do PIB nun 0,7 por cento, unha previsión que, de cumprirse, significaría que “Galicia resiste a crise en 2010”.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
non hi vergoña
manuel barral
2009-09-18 13:35:07
A desvergonza deste señor non ten límites. Primeiro se dedica a difamar, calumniar, denigrar e dedicar todo tipo de improperios aos seus adversarios. Logo, aproveitándose do verán e de xeito covarde, empeza a desgoberna o feito polo anterior goberno, e pon en práctica a súa política, que consiste maiormente en: atentar contra o idioma de Galicia, desacreditar a sanidade pública en beneficio da privada, do mesmo xeito actúa co ensino público, dándolle millóns aos colexios privados e pedíndolle aos de todos que aforren na calefacción, luz etc; atenta contra o medio natural cedendo ante o poder de algúns empresarios… E agora, fala de man tendida e espírito de grandeza, se os partidos da oposición lle seguiran o xogo, converteríanse en cómplices del.

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.