Daniel Álvarez
Este carteiro define o G-20 como “o dos políticos”, e sabe que nel están sentados“os principais países europeos, os Estados Unidos e China”. Porén, á hora de dicir para que utilidade ten esta gran xuntanza mundial, dúbida un pouco pero acaba por afirmar que nel os líderes mundiais “intentan amañar o mundo” pero “ao final nunca fan nada”, engade con escepticismo.
Rocío Vioque
Raquel Vioque asegura decidida que sabe que é o G-20, e o define como a xuntanza “das 20 potencias máis grandes a nivel mundial”, e afirma que se España ten unha cadeira nesa reunión foi porque “entramos aí grazas a Sarkozy”. Porén á hora de explicar cal é a finalildade desta cita de grandes líderes, dúbida á hora de contestar, pero logo admite que “en concreto, non sei para que sirve”.
