Dous detidos nunha nova liorta polo reinicio das obras no porto de Massó

O Foro Social de Cangas denunciou onte no xulgado a “prevaricación” que considera que hai neste proxecto de 
peirao deportivo
María Abelleira 26/09/2009 - 01:22 h.
Non entendes unha palabra? Faille dobre clic
2 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 11 voto/s

A xeira de onte na vila pontevedresa Cangas do Morrazo volveu traer a polémica, cun novo enfrontamento entre veciños e Garda Civil que tivo como escenario o porto de Massó, na zona do Salgueirón, e que levou a detención de dúas persoas, liberadas a última hora da tarde. Todo comeceu ás oito da mañá, cando uns camións de alta tonelaxe irrumpiron novamente nas obras do porto deportivo, até o de agora paralizadas, para proceder á descarga de toneladas de pedra sobre a ría de Vigo.

Os veciños fixeron soar a voz de alarma e unha trintena de detractores ás obras do proxecto do porto reuníronse para “frear a desfeita”. Convencidos de que “nin unha pedra máis caerá na nosa ría”, os alí reunidos puxéronse diante das máquinas para impedir a tarefa de descarga. Mentres que a empresa constructora asegurou estar a seguir ordes do subdelegado de Goberno, os veciños insistiron no feito de que “existen sinalizacións municipais que impiden o acceso a vehículos de máis de 3,5 toneladas” e que “as obras non contan coas licenzas municipais necesarias”.

 

"NON SOMOS TERRORISTAS"

Coa chegada de axentes da Garda Civil, a situación atravesou o seu punto máis tenso, no que comezaron a surcar insultos e ameazas dende un e outro bando. Os axentes procederon a identificar os alí reunidos que se defenderon con berros de “non somos terroristas”.

Un dos manifestantes, un mariñeiro de corenta anos, coñecido por Pepe, afastouse do grupo e dispúxose a sacar unha foto da refrega entre policías e veciños. Nese momento, dous axentes vestidos de paisano detivérono. Posteriormente, foi detido o seu irmán Javier, outro mariñeiro do Morrazo que xa fora identificado previamente. Ante os apupos colectivos e a numerosa presenza de membros da Benemérita, comezaron os forcexos e incluso se chegou a ouvir unha ameaza de morte por parte dun dos axentes. Un deles asegurou, por outra banda, que era “a última vez na que se intentaría usar o diálogo”.

Membros do Foro Social de Cangas denunciaron que se “utilicen” as Forzas de Seguridade do Estado para vixiar as obras que se acometen no Salgueirón. Cando os axentes procederon a trasladar os detidos ata o cuartel da Garda Civil, todos os manifestantes decidiron “apoiar” os seus veciños. Ademais, antes de ser levados ao cuartel, os detidos solicitaron pasar polo cuarto médico por motivo dos “golpes” que din ter sufrido por parte dos axentes.

Namentres, polo cuartel pasaron os avogados da confraría, o propio patrón maior, Evaristo Fernández e o concelleiro de urbanismo de Cangas, Mariano Abalo. Este último, denunciou a “virulencia e brutalidade” que, ao seu xuízo, houbo na actuación das forzas de seguridade, destacou que os arrestos se efectuaron cando “a cousa estaba xa tranquila”.

Así, afirmou que “parece que había orde de facer detencións” e recordou que os camións “estaban a vulnerar” a prohibición que marcan os sinais de tráfico instalados. Pola súa banda, dende a alcaldía aseguraron que, pese o convencemento popular, “a alcaldesa non ten competencias para parar as obras”.

As sete media da tarde os detidos foron liberados e xunto a toda a comitiva que os agardaba ás portas do cuartel, dirixíronse novamente ao Salgueirón, onde tivo lugar unha asamblea a prol da paralización dunhas obras que, ao seu xuízo, conforman “un dos maiores pelotazos urbanísticos en Galicia”.

 

Suscripción a papel
Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
FUXIR DAS RESPONSABILIDADES
eu
2009-09-25 02:16:54

Canto satisface o poder político e canto desgasta ao mesmo tempo.A promesa electoral de paralizar as obras por parte da alcaldesa- Clara Millán- feita augas. O bastón de mando en Cangas non serve para dirixir se non para apoiarse. Respladánsose nas accións coherentes de Táboas e Lobeira que asistiron a concentración mariñeira do 11 de setembro,a rexidora do concello reitera unha oposicón ao porto deportivo que no día a día non se constata.Señora Millán, só faltan folgos para que o BNG censure a súa impunidade. É hora de asumir responsabilidades. Non se pode vivir eternamente do conto. E todos aqueles que a moita honra, das Rías Baixas somos, polo dinámica "autóctona" sabemos que como din os detractores da estatua de Millán Astray; "A todo porco lle chega o seu San Martiño"

2
Vaia vaia!!!
Max Ulianov
2009-09-23 12:42:41
Corina Puerro e outras escouras concordan ben co tema dos cartos. Os picoletos só fan seu traballo de lacaios. Algún día os barrendeiros tamén farán o seu. A lei nos burla e o estado burgués oprime e sangra ó productor!!!.

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.