Os taxistas portugueses ameazaron onte con bloquear as fronteiras con Galicia para protestar pola normativa que lles impide recoller pasaxeiros en territorio español. Segundo as súas queixas, isto ocasiónalles numerosas multas. Florencio Almeida, o presidente da Asociación Nacional portuguesa de Transportes por Carretera de Automóviles Lixeiros (ANTRAL), amosou a súa intención de convocar o “bloqueo” de fronteiras se as autoridades lusas non respaldan as súas demandas.
Segundo os profesionais do sector, cando levan algún pasaxeiro desde Portugal a España, á volta non poden transportar a ninguén, mentres que os taxis españois si poden facelo no país portugués. Ante os últimos casos de taxistas lusos interceptados polas autoridades españolas, ANTRAL reúnese hoxe para decidir o seu apoio ao bloqueo de taxis españois desde Galicia a Portugal, para solicitar a homoxeneización das normas.
Florencio Almeida esíxelle ao Goberno portugués que “presione” ao español, para evitar a dualidade de criterios no tocante á circulación de taxis en ambos os dous países.
