Os tres sindicatos que reciben a denominación de “máis representativos” –é dicir, UGT, CIG e Comisións Obreiras– recibiron un total de 7.644.929 euros en axudas nos actuais Plans de Formación Intersectorial. Estas subvencións, que dependen da Consellería de Traballo, inclúense no ámbito de Formación Continua e exemplifican as reivindicacións das formacións minoritarias. UGT-Galicia, con 2.731.725 euros, foi a organización que máis recibiu. Comisións Obreiras percibiu 2.472.403 euros grazas a estas axudas e a CIG 2.440.801 euros. Os sindicatos minoritarios non recibiron nada.