A alcaldesa de Cangas, Clara Millán, teme que no pleno que terá lugar hoxe ás oito da tarde se produzan novos conflitos cos opositores á construción do porto deportivo d Massó, con motivo da sentenza emitida onte polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG )que avalou ás obras náutico-recreativas por parte de Residencial Marina Atlántica S.A. A rexidora do concello de Cangas aseverou que "se hai unha soa ameaza ou insulto, levanterei o pleno". Pola súa banda, o avogado da confraría de San José de Cangas, Alberto Muñoz, laiouse de que "a sentenza foi só notificada á empresa Marina Atlántica e non á confraría". Dende o colectivo ecoloxista 'A ría non se vende' manifestaron que a sentenza "era previsible" e que "se corresponde cunha mostra máis do comprada que pode estar a xustiza neste país".
AMPARO XUDICIAL A MARINA ATLÁNTICA
A resolución do TSXG desestimou onte o recurso contencioso-administrativo interposto pola confraría de Cangas en 2005 que pedía a nulidade da concesión que a Autoridade Portuaria de Vigo fixo á empresa Residencail Marina Altántica en 2004. Por tanto, o TSXG apoiou a continuidade das obras do porto deportivo na zona do Salgueirón que foran reiniciadas no pasado mes de abril, con gran oposicón tanto por parte da confraría coma do Foro Social de Cangas. Porén, o que si puxo en manifesto a sentenza foi que, a pesares das reiteradas declaracións da alcaldesa de que non tiña ningunha competencia respecto das obras, é que estas "deben contar cunha licencia aurbanistíca", aínda que se realicen "baixo o amparo dunha concesión portuaria".
Por outra banda,a resolución estimou que os danos medioambientais sobre a ría de Vigo, son menores que os beneficios que a construción do porto chegaría a aportar ao concello. Doutra banda, e ante as queixas do sector pesqueiro, o TSXG estipulou que non procede levar a cabo expropiacións, xa que considera que non se está privando dos dereitos pesqueiros e marisqueiros sobre a zona, malia que si recoñece que o novo porto "podería producir unha limitación das súas capturas". Amais, o TSXG asegurou que a construción do porto era compatible co Plan de Usos de Vigo.
En canto a un informe medioambiental negativo e vinculante que a Consellería de Pesca fixo en 2004 sobre o proxecto do porto deportivo, o TSXG manifestou que un estduo do mesmo ano do Ministerio de Medio Ambiente amosaba que era "ambientalmente viable". Porén, sinalaba que "o único perxuixo severo" sería "a afectación aos caladoiros de pesca e a perda de fondos mariños para o marisqueo e a recolleita de augas comestibles". Deste xeito, xa dende 2005 Marina Atlántica aportou un aval de 631.000 euros con "carácter indefinido" para paliar os posibles danos.
"NON QUEREMOS CARTOS"
O patrón maior da confraría de Cangas, Evaristo Fernández, aseverou que "estes cartos non están para idemnizar a mariñeiros, é un aval que lle obriga a lei". Fernández reiterou que "nós non queremos cartos, se non os nosos bancos marisqueiros moi limpos e moi dignos, preparados para traballar".

