A competencia do Sá Carneiro para Galicia

Eva Fuentes Actualizado 27/09/2009 - 01:31 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 0 voto/s

Xosé Sánchez Bugallo explicaba onte na súa comparecencia ante os medios de comunicación o “perigo” que representa o aeroporto do Sá Carneiro para os tres aeródromos de Galicia e aseguraba que moitos turistas procedentes de América chegan en voos directos á terminal lusa. Foi entón cando o rexedor socialista contou unha anécdota para reflectir a situación actual: varias persoas contáronlle que viran aos ciclistas do Xacobeo Galicia en Porto para coller o avión para participar na Vuelta a España, que partía dende Holanda, no circuito de Assen, é “a Xunta paga os billetes”. Dende o equipo de ciclismo que dirixe Álvaro Pino explicaron a Xornal de Galicia que foi unha petición dos propios deportistas, xa que así facían un voo directo ao seu destino e, ademais, moitos dos integrantes do equipo viven no sur da comunidade autónoma, polo que preferían desprazarse ata Porto.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.