Dende un lugar da costa leste dos EUA, hai trinta anos

I. M. Actualizado 03/10/2009 - 03:17 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 0 voto/s

Dende mediados dos anos 70, unha serie de artistas da costa leste dos Estados Unidos comezaron a poñer en cuestión, dende a súa propia práctica artística e a través dos seus modos de vida, as convencións do medio fotográfico que herdaran de quen os precederon. A posta en crise, tanto moral como técnica, das gramáticas dominantes, acabaría por exercer unha influencia moi importante na arte contemporánea do último treito do século XX. A defensa da veracidade, esa que xa alentaba en Diane Arbus, a quen Familiar Feelings converte en precursora e coartada para a chamada Escola de Boston, articulábase nunha ollada ensimesmada no cotián, un foco ferozmente dirixido a unha intimidade que decontado se ía ver atravesada de lado a lado polo verme da sida. Dende esas coordenadas, a obra de David Armstrong, Nan Goldin, Philip-Lorca diCorcia, Mark Morrisroe, Jack Pierson, Taboo!, Gail Thacker, Shellburne Thurber, os Starn Twins, Kathleen White e mesmo de Larry Clark, o outro precursor, funciona tamén como testemuño dunha época. Como en Tulsa, a primeira serie deste último, que realizou en 1971 na súa localidade natal, entre ionquis e tipos armados, os membros deste grupo tiveron a dubidosa oportunidade de comprobar como ía ser a resaca do punk, como estaba chamado a ser o mundo despois de Vietnam. Ao retratar a noite, a adicción ás drogas, o estrés da sexualidade ou os afectos non lexitimados aínda pola sociedade da súa época, estes creadores estaban a lexitimar tamén novas subxectividades. Hoxe, case trinta anos despois do instante fundacional, que Familiar Feelings sitúa en 1971, o significado da etiqueta e das vivencias que permiten xustificala é ben outro. No CGAC, até o vindeiro 13 de decembro.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.