Din que en Portugal nace un bo poeta todos os anos, polo que a súa lírica é unha das máis vivas do mundo, con voces como Nuno Judice (O breve sentimento do eterno), Fernando Pinto do Amaral (Pena suspensa) o orixinalisimo Herberto Helder (A faca não corta o fogo) ou Amadeu Baptista (Açougue), que entre outros moitos premios gañou o Espiral Maior en Galicia. No campo da novela –ou romance– tampouco falta talento. Tras os coñecidos José Saramago (O elefante) e António Lobo Antunes (O arquipélago da insónia) hai tamén escritores como Lidia Jorge (A maçom: peça de dois atos), Mario Claudio (Camilo Broca) ou o xa moi ben considerado Gonzalo M. Tavares (Jerusalem).
