Domingo, 21 de marzo de 2010 - 1:35 h

A relación do PPdeG con ‘Gürtel’, unha “ficción” para Feijóo

O socialista Pablo García esixe coñecer os contratos da Xunta coa trama e o presidente di que “non militaba no PP” no período de Pablo Crespo
David Lombao Actualizado 02/10/2009 - 02:27 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 4 voto/s

“Política ficción”. Deste xeito define o presidente da Xunta, Núñez Feijóo, a petición de “explicacións” por parte do secretario de organización do PSdeG, Pablo García, sobre as implicacións do PPdeG no caso ‘Gürtel’ tanto durante o período comprendido entre 1996 e 1999, en que Pablo Crespo –un dos líderes da trama– ocupou a secretaria de organización dos conservadores galegos, coma en anos posteriores, cando altos cargos populares continuaron outorgando contratacións a empresas vinculadas ao caso.

No transcurso do almorzo informativo do Forum Nueva Economía en Santiago, e a preguntas deste diario, Feijóo mostrouse convencido de que “ningunha persoa sensata poderá relacionar ao PPdeG nos últimos quince anos” co caso, unhas acusacións que o xefe do Executivo reduce á vontade de “intoxicar” por parte dos socialistas galegos.

Neste sentido, o presidente sitúase á marxe da trama tanto no caso galego –”nin sequera”, di, “militaba no PP” mentres Crespo ocupou cargos no aprtido– como a nivel de Estado, onde, sen citalo, lle recomenda ao presidente da Generalitat Valenciana, Francisco Camps que “clarifique” todo o vencellado ao “financiamento” do PP nesca comunidade: “Que cada pau –sintetiza–aguante a súa vela”.

Nun contexto no que Feijóo chama a distinguir “xuízos de prexuízos”, o líder dos conservadores galegos disculpa, ao tempo, o posicionamento de Mariano Rajoy sobre as posibles implicacións de Camps no caso e, por extensión, as necesidade de depurar responsabilidades no seo do PP valenciano.

Segundo Feijóo, “ha de ser o dirixente de cada comunidade” o que adopte as medidas oportunas. “Se houbese problemas en Galicia –conclúe– o responsable sería eu”.

 

ADXUDICACIÓNS

Con todo, os argumentos de Feijóo non callaron nas filas socialistas, xa que, a xuízo de Pablo García, o presidente da Xunta “nega a evidencia” ao rexeitar que altos cargos do actual PPdeG, nomeadamente, os seus presidentes na provincia da Coruña, Carlos Negreira, e Pontevedra, Rafael Louzán, “forman parte activa da trama Gürtel”.

“Ambos –apunta García– contrataron de dubidoso xeito a empresas” relacionadas co caso –en referencia a Special Events, da que Pablo Crespo chegou a ser administrador único–”, uns contratos baixo os que, segundo o socialista, “se esconde o financiamento irregular” da actividade do propio PP posta de manifesto pola Unidade de Delitos Económicos e Fiscais da Policía Nacional.

Neste contexto, García recolle a información revelada por este diario para lembrar que, “como presidente de Portos de Galicia”, Carlos Negreira deu luz verde a diversas adxudicacións coa empresa Constructora Hispánica, unhas contratacións que, lembra, o Consello de Contas cualificou de “irregulares” no seu informe de 2004 e concretadas mentres o propio Pablo Crespo ocupaba un posto de vogal na entidade dependente da Consellería Política Territorial, dirixida naquela altura por Núñez Feijóo, en substitución de Xosé Cuíña.

Ao tempo, o número dous dos socialistas subliña que, malia á intención de manterse á marxe destes feitos manifestada por Feijóo, Pablo Crespo “non foi cesado do seu cargo” en Portos de Galicia “mentres Feijóo foi conselleiro”. Así, apunta, o actualmente encarcelado pola súa relación coa trama Gürtel compatibilizou os seus cargos en Portos e en Special Events ata que, en 2005, a chegada do bipartito á Xunta propiciou a súa saída do organismo público.

A tese de García é apoiada polo secretario de política institucional do PSdeG, Ricardo Varela, quen ademais censura o intento de Feijóo por “descualificar a todo aquel que intenta poñer luz” sobre a relación entre os populares galegos e a trama corrupta.

“A orixe da situación do PP en canto ao financiamento –di Varela–nace en Galicia, con Pablo Crespo”, polo que, dendeo seu punto de vista, cómpre que a formación ofreza “explicacións á cidadanía”.

As palabras dos conservadores tampouco convenceron onte ao BNG que, por medio de Carlos Aymerich, lle recomendan a Feijóo que “se aplique os consellos” lanzados ao PP valenciano e, deste xeito, “explique con máis claridade” as contas do partido e o alcance da “trama de financiamento corrupto en Galiza”, en campañas electorais como as municipais de 1999.

 

INICIATIVAS PARLAMENTARIAS

Tanto socialistas como nacionalistas levarán aos vindeiros plenos do Parlamento as informacións que, nos últimos días, sitúan en Galicia unha das pezas principais da presunta trama de financiamento ilegal e da dobre contabilidade nas finanzas do partido.

Así, o BNG reclamará que o PPdeG dea conta dos datos recollidos no informe da UDEF sobre os pagamentos 'en negro' negociados por Pablo Crespo, e o grupo socialista cuestionará tamén aos conservadores sobre as adxudicacións realizadas dende Portos e Política Territorial a empresas agora investigadasn

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.