Domingo, 14 de marzo de 2010 - 19:19 h

'Pachi' denunciará a conexión galega do 'caso Gürtel' aínda que "reciba ameazas" do PPdeG

O secretario xeral dos socialistas galegos pedirá no Parlamento que o PP explique os contratos vencellados ao caso
David Lombao Actualizado 08/03/2010 - 11:25 h.
5 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 9 voto/s

Un día despois de que o Tribunal Superior de Justicia de Madrid (TSJM) decretase o levantamento parcial do segredo sumarial sobre o sumario do Caso Gürtel, a vertente galega da trama corrupta e da suposto financiamento ilegal do PP continúa a ser fonte de treboada política.

Logo de que o presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán decidise respostar as informacións que o vinculan á trama advertindo da posibilidade de sacar á luz “adxudicacións a dedo” da etapa do secretario xeral do PSdeG, Manuel Váquez, na Consellería de Medio Ambiente, o propio líder socialista reiterou a “implicación” dos conservadores galegos no caso.

“Van mal –di – se pensan que ameazándome non imos denunciar o que están facendo”. O socialista lembra que “non é o PSdeG, senón a Policía” quen “abre unha caixa forte de Pablo Crespo en Pontevedra” e revela “que no 2001 Louzán contrata unha sondaxe” con Special Events.

No mesmo sentido, apunta Vázquez que a trama tamén “implica directamente” ao presidente do PP da Coruña, Carlos Negreira quen, segundo o informe do Consello de Contas de 2004 e posteriores dilixencias da Fiscalía, cometeu “irregularidades na xestión” como presidente de Portos de Galicia ao adxudicar obras a Constructora Hispánica, cuxo propietario foi imputado no caso Gürtel.

‘Pachi’ Vázquez reitera a súa intención de esixir no Parlamento “que contrataron, canto e como pagou” a Xunta, “con Feijóo como conselleiro” e con Pablo Crespo –número dous da trama e ex secretario de organización do PPdeG–”como vogal do Consello de Portos”, un posto do que, lembra, “marchou porque o PP perdeu as eleccións , non porque o botase Feijóo”.

“Nós –conclúe– falamos de política, aínda que ao PP gústalle máis mandar oito aprendices de matóns á miña casa –en referencia á manifestación de Nuevas Generaciones, o pasado domingo ante a vivenda do líder socialista–, que só lles faltaba a camisa azul para virme buscar”.

As ramificacións en Galicia da trama Gürtel son tamén seguidas con atención dende Valencia, onde o voceiro socialista nas Cortes da comunidade, Ángel Luna, observa a Feijóo “preocupado” ante o rexurdir da relación entre o PPdeG e a rede de financiamento corrupto.

“Pode dar a sensación –di Luna, en declaracións a Xornal– de que o que acontece coa trama en Valencia é a posta en práctica do que antes se ensaiou en Galicia, con facturas pendentes, adxudicacións públicas e empresas que realizan eventos para o PP”.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
Cara a vosa
alexandre dadas
2010-03-08 09:19:42
O da casa de Pachi é anecdotal;da mesma forma podemos falar do Chalet de Fraga.O que a min e a maioria dos galegos lle deberían importar é que durante anos o PPdeG usou un metodo para escapar de concurso público e alimentar os seus afíns.Representades a Galicia sumisa e panceteira afagadora de Baltares,Fragas,Cuiñas e demais.Así que cando faledes de cara miradevós a un espello
2
control o PSOE
loren
2009-10-10 18:09:42
antés teriaste que ocupar da corrupción e de todas as malas practicas e actuacións que estan ha facer os alcades do psoe en Galicia, e terias moito que denunciar xa te podes mirar o espello e empezar por ti mesmo, co mal exemplo da túa casa.
3
Animo
galego
2009-10-01 20:13:46
Eu non son votante do Psoe, pero o que te fixeron, e o mais ruin que se poderia facer, as casas das persoas son sagradas.
4
Bien
Xoel
2009-10-01 11:51:16
Bravo Pachi
5
PACHI VAIA CARA QUE TES!!!
J.RGUEZ.
2009-10-01 01:26:47
Pachi: Primero paga o que debes e despois fala dos demais. Vaia cara!! Como pode un elemento así dar exemplo ou pedir explicacións a ninguén. Ben é certo o de que PENSA O LADRÓN QUE TODO O MUNDO É DA SUA CONDICIÓN...

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.