Lunes, 22 de marzo de 2010 - 1:20 h

Os socialistas din que Feijóo licita cinco veces menos que o bipartito

R. S. Actualizado 06/10/2009 - 00:32 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 0 voto/s

O portavoz parlamentario do PSdeG, Xaquín Fernández Leiceaga, criticou onte o baixo nivel de licitación da Xunta de Núñez Feijóo, ao que acusou por facer unha política de “parálise e revancha” en vez de “asumir que ten que empezar a gobernar”. O deputado dos socialistas comparou as cifras de licitación deste Goberno coas do bipartito e calculou que “as do actual son cinco veces inferiores”.

Leiceaga cifrou en 100 millóns de euros a licitación de obra pública por parte do Goberno galego “en cinco meses” e comparouna coa actuación do bipartito, que licitaba “un pouco máis de 100 millóns de euros de media mensual”. Calculou entón que se esta tendencia se prolonga ata final de ano, haberá “un déficit de licitación” de 750 millóns.

A maiores, indicou que nestes días se coñecerán os datos do paro e advertiu de que, se se produce “un agravamento” da situación, os socialistas levarán esta cuestión ao Parlamento. “Feijóo non poderá mirar para outro lado nin sinalar a outra administración”, dixo.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.