Os programas máis afectados son os da Fundación Calidade

Xornal.com Actualizado 02/10/2009 - 02:25 h.
2 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 8 voto/s

Os traballadores da Fundación Calidade vencellados a proxectos tecnolóxicos que teñen que ver co Plan Galego da Sociedade da Información e co Plan Galego de I+D+i (incite) teñen unha casuística laboral moi variada Así, a diferenza dos do Centro de Supercomputación de Galicia (Cesga) non en todos os casos se precisa a data de finalización dos seus contratos. Porén, a maioría deles recibiron unha carta na que se confirma o 31 de decembro como a data final da súa relación laboral coa Administración.Como consecuencia destes despedimentos, desaparecerían servizos impulsados polo bipartito como o Observatorio Galego da Sociedade da Información (OGSI), diversos programas de I+D+i como o IMAN –adicados a tratar de evitar á fuga de cerebros–, de apoio ás empresas ou de busca de financiación na Unión Europea. Entre os servizos máis afectados estaría a Rede de Dinamización da Sociedade da Información, o que deixaría sen atender a máis de 45

telecentros ubicados en distintas comarcas do país. Até o momento, só se produciron 14 despedimentos, sete deles en Mancomún e outros proxectos do PEGSI, aínda que a Administración segue a desmentir que pensara desmantelar o proxecto, que nacera no ano 2005 baixo a estrutura da Consellaría de Innovación. O obxecto era introducir programas de software libre na Administración. O seu deseño estrela foi o Galinux, un sistema operativo en galego que permitía facer un uso do ordenador completo –internet, ofimática, vídeo e audio– sen necesidade de ter que mercar outros programas. As súas vantaxes foron recoñecidas en repetidas ocasións por diferentes representantes do ámbito industrial e político.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
Enhorabuena
Breogan Garcia Suances
2009-10-01 11:25:27
Enhorabuena a Xornal por hacerse eco de estos hechos….un faro en la penumbra informativa del país.
2
Xa dous despedimentos na Rede de dinamización
Juan
2009-10-01 09:49:16
Na Rede de Dinamización foron despedidas dúas persoas hai dúas semanas. Os dinamizadores teñen contratos moi diversos, pero algúns deles xa o rematan agora en outubro e non se van prorrogar, quedando a cifra arredor dos 40

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.