O 10% das empresas galegas xa emprega ‘software’ libre

M. P. Actualizado 06/10/2009 - 01:06 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 5 voto/s

O 10% das empresas galegas xa emprega software libre segundo os datos difundidos onte polo Instituto Nacional de Estatística, pertencentes á Enquisa de uso das Novas Tecnoloxías da Información (TIC) e o comercio electrónico entre 2008 e 2009. Así, é no sector servicios no que os sistemas operativos de código aberto están máis implantados, xa que se empregan nun 13% dos negocios. No que atinxe á industria e á construcción son case un 8% das compañías as que botan man de Linux. Pola contra, a Administración galega deu un xiro nos últimos meses optando polo pago de licenzas a Microsoft. Así, a Xunta adxudicou á compañía 2,2 millóns de euros a través dun contrato –do que se descoñecen os termos– de adquisición de dereitos de uso e de renovación doutros antigos. Por este motivo, María del Mar Pereira, secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica –departamento do que dependen os traballadores da Fundación Calidade e do Centro de Supercomputación de Galicia (CESG) afectados polas notificacións de fin de contrato e os despidos que xa foron feitos efectivos– fora especialmente criticada. Aínda que Pereira garantise que mantería o apoio ao uso de programas libres de licenzas, a Administración autonómica terminou por desembolsar unha cantidade importante de diñeiro ao pago de produtos con copyright. Ademais, os grupos GUL (usuarios de Linux) chegaran a cualificar de fraude o acordo entre o Goberno autonómico e a Microsoft porque nunca se fixeron públicas as condicións do mesmo e porque, precisamente, o Partido Popular apostaba no seu programa electoral polo uso de software libre. Por outra parte, a empresa Igalia xa denunciara este tipo de contratacións nos anos 2005 e 2007, cando o Sergas invertiu 650.000 euros no pago de dereitos de uso a multinacional estadounidense.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.