Os despidos da Xunta en I+D poden deixar sen servizo a 26.000 persoas

Estes traballadores contribúen a reducir a fenda dixital no rural e a formar a colectivos con dificultades de acceso ás TIC
Natalia Arias Actualizado 06/10/2009 - 01:06 h.
8 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 17 voto/s

Dende a posta en marcha no 2007 de Rede de Dinamización, un dos proxectos do Plan Estratéxico Galego da Sociedade Información, un total de 49 centros localizados en distintos puntos de Galicia, en especial no rural, contribuiron á difusión das novas tecnoloxías da información (TIC) a través de obradoiros, cursos online ou aulas de informática. Estes espazos contan xa cun total de 26.000 usuarios en toda Galicia, que poderían verse afectados polo despido de 45 responsables técnicos destes proxectos.

O pasado 15 de setembro, a Administración iniciou un proceso de rescisión de contratos co despedimento de 14 traballadores do Centro de Referencia e Servizos de software libre (Mancomún) e doutros programas tecnolóxicos, namentras esta semana notificou a uns 120 empregados máis da Fundación Calidade a data de finalización do seu proxecto laboral, o 31 de decembro, segundo confirma a CIG. Todos eles pertencen a iniciativas que impulsara o Goberno bipartito, mentres a Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, da que dependen os proxectos afectados, aínda non concreta os plans que ten para eles.

Precisamente, un dos programas máis afectados sería a Rede de Dinamización, que incide, fundamentalmente, en reducir a fenda dixital de sectores como maiores, discapacitados, mulleres ou colectivos con dificultades de acceso ás novas tecnoloxías. Este programa contaba tamén con asesores que orientaban a distintas entidades sobre a mellor maneira de implementar o uso das TIC e que mesmo se desprazaban pola vilas galegas fomentando o uso deste tipo de tecnoloxías.

Este servizo está presente en máis de 70 concellos, localizados, sobre todo en zonas rurais onde existen máis dificultades de acceso a internet. Estes centros están equipados con ordenadores que empregan un sistema operativo libre e en galego como o Galinux. Así mesmo, a Rede Dinamización conta con 49 telecentros, dotados de material informático e audiovisual para familiarizar aos cidadáns coa linguaxe multimedia.

A comunidade de usuarios de software libre xa manifestou a súa inquietude ante a falta de concreción da Xunta sobre estes proxectos e sobre a posibilidade de que non continúen, polo que se dirixirá á Administración para transmitir a súa postura. Porén, nalgúns casos, recoñecen a necesidade de “desvincular da política as cuestións asociadas ao manexo de estándares abertos e difusión das TIC”, explica David Martínez, voceiro do GUL (grupo de usuarios de Linux) Ousli.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
Pois non saberei de que falo...
Os Forcados
2009-10-05 23:54:14
Xabier, sinto chegar tarde á discusión. No asunto de Mancomún non saberei de que falo e no de usar software libre ó millor tampouco, pero paso a aclararche: traballo con software libre dende hai uns cinco anos, nunha profesión que nada tén que ver cas tecnoloxías da información e na que máis do 99% emprega Windows ou Mac e podo decir que o paquete de Galinux non vale pra nada: 1.- Porque limita o Linux a Ubuntu. 2.- Porque ofrece unha serie de paquetes ó modo de Windows (un navegador, un procesador de textos,...). 3.- Porque non é capaz de avanzar ó ritmo que requer a tecnoloxía de computadores (hardware), de modo que só vai ben en ordenadores "vellos". 4.- Porque traballa nos x86 pero nada pensaron acerca dos x86_64: igualiño que Windows XP. 5.- Por máis cousas que nos aburrirían a todos e que podemos resumir en que era obsoleto no momento da súa presentación. Aínda así, eu falei de Galinux, que foi o producto estrella de Mancomún e polo que cobraron moitos cartos. Nada sei do resto das liñas de traballo deles.
2
encheme de ledia
xabier
2009-10-03 13:48:01
Epa!!! adiante co Marcelo e con toda esa xente que lle perdeu o medo aos computadores a pesar que como el ben di, ao mellor non o tería feito se non fose pola Rede de Dinamización. A min a verdade encheseme o peito cando alguén escrebe o que Marcelo puxo aquí; pasamos do analfabetismo tecnoloxico que sufrimos no pasado, a ler os xornais dixitais. Para min está clara a cousa, unha sociedade formada e con recursos, e con capacidade de acceder á información, non hai forma de pagala, porque entón e unha sociedade libre, por moito que o señor feijoo siga empeñado en falar de austeridade, que realmente para el ven dicir analfabetimo e oscuridade. Por Marcelo e por toda a xente que grazas á rede de dinamización agora non se teñen que agochar como algunha xente quere, protestemos contra os que queren impoñer o analfabetismo como modo de vida.
3
Máis de 45 despidos
Rodrigo
2009-10-03 00:21:27
Na Rede de Dinamización traballan actualmente 48 dinamizadores e 7 coordinadores, así que os despidos serían 55
4
Protestas
Marcelo
2009-10-03 00:18:43
No meu concello hai un Centro de Dinamización e estamos encantados. Eu teño 71 anos e aprendín a acender e apagar o ordenador alí, coa dinamizador, algo que nunca pensei que puidera chegar a facer. Nunhas clases de informática normais non o tería feito e hoxe, aquí estou, lendo a prensa dixital e comentando nunha nova, e todo gracias á Rede. Pero claro, iso a ninguén lle importa. No meu caso somos moitos e, xunto con outras compañeiras de obradoiro que participaron en memoria de muller, un proxecto da Rede de dinamización, estamos intentando preparar unha protesta diante do concello para que non nos o quiten
5
non che é así
xabier
2009-10-02 20:05:49
Os Forcados, home, dicir que o traballo que levou a cabo toda a comunidade galega de localización (fosen voluntariado, empresas ou institucións públicas) non é I+D+i ... notase ben que non sabes do que falas. Recomendoche que leas todas as concluxións ás que se chegou nos G11n, como a de implementar no proceso de localización os estandares marcados pola LISA, ou roles na comunidade. G11n: http://wiki.mancomun.org/index.php/G11n LISA: http://www.lisa.org/ Tamén todo o traballo que se desenvolveu para o TAO (traducción asistida por ordenador), melloras en programas TAO, ou todo o material que se sacou (dicionario, glosarios, corpus, correctores... etc... Nestes intres, máis alo das deficiencias nas aplicacións (software) que hai para poder desenvolver todo o proceso, a comunidade galega de localización e das poucas do mundo que ten desenvolvida unha estratexia na localización de software, algo bastante máis complexo que poñerse a "traducir", que supoño que é a imaxe que tes ti do temiña este. Por poñer un exemplo concreto, unha comunidade activa como a española, non ten nen a metade do traballo feito, e mira que levan anos traducindo... EX: http://www.proyectonave.es/
6
Galinux: timo con nome de software libre.
Os Forcados
2009-10-02 16:34:50
O Galinux é o Ubuntu traducido ó galego, cousa que xa había, aínda que a traducción fora parcial. Así que o que fixeron os de Mancomún foi acabar de traducir algunhas aplicacións e presentar todo nun DVD coma se se tratara do famoso Windows, pero de balde... ¿Cómo que de balde? De balde nada, cobraron unha axuda pagada polos contribuíntes galegos; total, cobraron polo traballo que fan outros desinteresadamente. Chamarlle a isto I+D é algo máis que un abuso da linguaxe... Outra cousa ben distinta é o que pasa con Ubuntu, OpenSUSE, Mandriva,..., que calquera pode descargar da internet, efectivamente de balde, con traduccións, ás veces parciais, ó galego, nas que calquera pode colaborar para completalas.
7
Austeridade...
Juan
2009-10-02 08:38:06
http://dinamiza.sociedadedainformacion.eu/web2/novas.php?cod_nova=282
8
Pepe pepe pepepe
Manuel
2009-10-02 02:32:47
Ao final con este desgoberno o mellor que podemos facer é tomalos a coña e esperar 3 anos para mandalos de vacacións, Vaia desastre, o bipartito non funcionou todo o ben que debería pero se a alternativa é esta prefiro estar miope a quedar cego que cara onde camiña Feijoooooooo!

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.