Despidos á espera dunha axencia galega de I+D+i

Xornal.com Actualizado 06/10/2009 - 01:06 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 2 voto/s

A Confederación Intersindical Galega (CIG) denunciou onte o despedimento “improcedente” dun cento de traballadores da Fundación para o fomento da calidade industrial e o desenvolvemento tecnolóxico de Galicia, que engloba distintos centros públicos adicados a actividades de Investigación, Desenvolvemento e Innovación (I+D+i). O secretario nacional de CIG Administración, Manuel Gallardo Canitrot, asegurou que están afectados os traballadores de máis de 80 centros da Rede de Dinamización da Sociedade da Información, que desenvolven os seus labores, fundamentalmente, no ámbito rural e considerou que a finais de ano a cifra de empregados que perdan o seu posto de traballo pode ascender a 150. Entre as entidades ás que pertencen os profesionais, citou o Centro de supercomputación de Galicia (Cesga), o Observatorio Galego da Sociedade da Información (Ogsi) e a iniciativa de software libre Mancomún. Ao seu xuízo, estas decisións responden ao “desmantelamento” que a Xunta “está a levar a cabo das fundacións creadas polo bipartito” e, ademais, supoñen “unha vulneración dos dereitos sindicais”, xa que “sobre o pasado día 7”, a central presentou un preaviso de eleccións na fundación de I+D+i e “a partir desa data empezaron as comunicacións de despedimento con dúas modalidades: cesamentos inmediatos e finalización de contratos”. Gallardo reprochou a actitude do Goberno galego nun momento no que “é fundamental ser competitivos neste ámbito”. “Non entendemos esta decisión cando sabemos que o paro acaba de subir en 5.000 persoas e cando a Xunta anunciou a creación da Axencia de I+D+i”. Segundo dixo, o sindicato non é partidario de que se cree unha “administración paralela a través das fundacións”, pero matizou que “non ten sentido destruir as ferramentas de investigación que temos mentras non haxa outras”.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.