A Xunta perderá dous millóns de euros ao desmantelar Mancomún

Os usuarios de Linux consideran fundamental o apoio do Goberno para a tradución de aplicacións ao galego
Natalia Arias Actualizado 06/10/2009 - 01:06 h.
11 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 19 voto/s

A Xunta de Galicia perderá dous millóns de euros coas restructuracións acometidas no Centro de Referencia e Servizos de Software Libre (Mancomún). Un total de 500.000 teñen que ver con contratos que deixarán de xestionarse con pequenas e medianas empresas (pemes) e un millón e medio cun proxecto europeo que a Administración galega non chegou a tramitar, segundo explicou onte en Santiago o ex coordinador da iniciativa, Suso Baleato, durante unha rolda de prensa.

Tanto Baleato como algúns membros da comunidade de usuarios de estándares abertos consideran que o Goberno galego podería reducir este proxecto, que se encargaba até o de agora de organizar eventos, da tradución de aplicacións ao galego e de poñer en contacto a todas as redes de programadores de Galicia, a un simple portal web.

“Non se entende este desmantelamento dos proxectos tecnolóxicos cando, precisamente, a tecnoloxía actúa nunha crise de xeito anticíclico, permite xerar tecnoloxía e postos de traballo”, sinalou Baleato. O ex coordinador de Mancomún ?–afectado polos despedimentos nas fundacións tecnolóxicas da Xunta que deron comezo o 15 de setembro con 14 rescisións de contrato que a CIG califica de improcedentes e que se prolongarán até o 31 de decembro coa non renovación de máis dun cento de técnicos en I+D+i– recordou que o Centro de Referencia e Servizos de Software Libre foi a “iniciativa que máis repercusión tivo no exterior porque foi recoñecida pola ONU e a Comisión Europea” pola súa labor.

Ademais, lembrou que o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, que prometera durante a campaña electoral apostar por estes modelos, vén de aboar, precisamente, dous millóns de euros á multinacional Microsoft.

Alexandre Prieto, voceiro da Ciberirmandade, comunidade adicada á tradución ao galego de software libre, insistiu na importancia de que a Administración secunde estes proxectos. “Poden sobrevivir sen apoio, pero é fundamental”, dixo. As comunidades de usuarios e moitos programadores a titulo individual xa viñan adaptando ao galego estes compoñentes, pero, cando é algo masivo, coma no caso do Openoffice, Firefox ou Mozilla, Prieto considera que é moi importante ter axudas públicas. “Sempre fomos críticos e dixemos que Mancomún tiña que ser unha coordinadora e non acaparar recursos porque tiñamos medo de que pasase algo así, que o desmantelaran cando estaba facendo un papel magnífico”, asevera.

A Xunta suprimiu as partidas orzamentarias para o desenvolvemento de estándares abertos e proxectos de innovación a través das fundacións tecnolóxicas.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
Chiringuitos
Pedro Lobo
2009-10-05 05:29:32
O malo deste non-pais e que funciona con chiringuitos, e cando pasa o patrón, teñen que desmontar e buscar outro santo con verbena, xa sexa noutro concello, deputación ou xunta. O que non troca e o importante, ou sexa as larpeiradas, eso si que non se toca veña quen veña. E nesto, canto vay a que "las partys" non se desmontan ? Como dicía o Mestre son cousas da vida.
2
Triste muy triste
Miguel
2009-10-04 15:41:17
Hay que joderse... Feijoo apoyaba a los ingenieros informáticos gallegos antes de las elecciones y después este insulto a la inteligencia. Si es tan fácil inventar... que inventen ellos!!! PD: Tengo 2 proyectos subidos íntegros a mancomún el de la ingeniería técnica y el del máster en informática y mira tu que cosas uno de ellos el proyecto más descargado...y hasta ahora el servicio de la plataforma genial. Es para llorar algo bueno que teníamos y puramente gallego y nos lo cierran.
3
De vergonza!!!
Sergio
2009-10-04 11:18:03
É unha vergonza o que fan estes individuos. Mancomún era un lugar de encontro para tódo-los que apoiamos e aprendemos do software libre e os sinvergonzas do PP, coma sempre, firmando contratos con empresas privadas en vez de potenciar o traballo dos nosos cidadáns. E Forcados non debería falar sobre algo do que, como se pode ler, non ten nin idea. Unha gran aperta a toda a xente de Mancomún e da Forxa, contades co apoio de moita xente.
4
Non tes nin idea
Manuel Abeledo
2009-10-04 00:02:22
Os forcados, primeiro mira tódolos servizos que ofrecía Mancomún e logo fala. Non so facían tarefas de traducción (que non son de balde, por certo, as persoas que traballan niso tamén teñen que comer), senon que mantiñan a Forxa de proxectos libres. E por certo, "libre" non é o mesmo que "de balde". Que moitos non colaborades, nin facendo proxectos nin poñendo cartos, e logo aínda tedes o valor de queixarvos.
5
PROPAGAR é o traballo de Mancomun.
Belixerante
2009-10-03 19:39:44
SL tamén é "aproveitarse" do que fan outros (libertade para modificar). Se é aproveitado facer unha distro basada en ubuntu. Qué se diria de ubuntu que se basa no traballo dos centos de desenvolvedores Debian? --- Mancomun.org fai propaganda, DE ISO SE TRATA, DE PROPAGAR que o software é un elemento de coñecemento que non pode ser privativo, opaco nin restrictivo, senon accesible. GNU/Linux é libre non necesariamente gratis RedHat SUSE (non opensuse) ademáis de certos programas. Os poderes públicos NUNCA DEBERIAN SER ACADEMIAS DE PRODUCTOS DE EMPRESAS PRIVADAS.
6
¿Mancomún dedicábase ó software libre?
Os Forcados
2009-10-03 18:40:00
Os de Mancomún estaban a cobrar subvencións por aproveitarse do traballo de software libre que facían outros: colleron o Ubuntu (xa existente), acabaron de traducir algunhas aplicacións (xa empezadas) e meteron todo nun DVD coma se fora Windows (de vergoña, tratar o Linux ó xeito de Windows). O máis simpático desto é que as distribucións Linux (OpenSUSE, Ubuntu, Mandriva,..) son de balde, pero os de Mancomún cobráronnos a todos os galegos con cartos dos noso impostos. Así que de software libre e máis de I+D nada de nada. Propaganda.
7
¿Os empregados eran políticos?
Manuel Abeledo
2009-10-03 18:37:01
Logo os técnicos que levaban a Forxa e os que recibían cartos por localizar aplicacións eran políticos. Mira ti que cousas aprende un. Ti non sei, pero si eu non podo traballar co software libre porque non me pagan, pois fareino no meu tempo libre.
8
Politica fuera de mancomun
anonimous
2009-10-03 16:46:13
Creo que la idea se suprimir los cargos políticos del anterior partido es lo mejor! La gente de mancomun era del bloque y estaba puesta a dedo. Las ayudas que recibía y daba eran un tongo, por puro amiguismo. A ver ahora sin subvenciones detrás, cuanta gente sigue dedicándose al software libre. Si es vocación lo harán, si es dinero NO.
9
Caladiños coma petos
calquera
2009-10-03 14:54:26
É unha vergonza o que está pasando e non pola política do PP de arrasar con todo (hai que ser moi inocente para pensar que non o iban facer) senón pola pasividade, o silencio e a complicidade de todos esos grupitos de iluminados e visionarios que tanto protestaban polo mal que o bipartito (en realidade, o BNG) xestionaba os proxectos que estos do PP están desmantelando. Qué pasou con aqueles espíritus libres de Galaecia.net? Ou onde están as asociacións de software libre, por exemplo? Feijóo adxudicando millóns de euros a Microsoft e nin unha sola palabra dixeron. Debería caerlles a cara de vergonza, caladiños coma petos non vaia ser que lles quiten a subvención.

1 |     

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.