O bipartito deixou construídos ou a piques de rematar tamén 29 centros de día en distintos municipios, que supoñen máis de 1.700 novas prazas.Así, quedaron rematadas ou case listas nove infraestruturas deste tipo na provincia da Coruña, en Cariño, Ordes, Ortigueira, Culleredo, Rois, San Sadurniño, Carballo, Ares, As Pontes e Curtis, e outras sete en Ourense, nos concellos de Pereiro de Aguiar, Manzaneda, Carballeda de Avia, Nogueira de Ramuín, Vilar de Barrio, Xinzo da Limia, Allariz e A Rúa. No caso da provincia de Lugo, o bipartito deixou ultimados catro centros de día en Folgoso do Courel, Begonte, Cospeito e A Pobra do Brollón, mentras que na provincia de Pontevedra son seis as instalacións herdadas do anterior goberno de coalición e localízanse nos municipios de Vigo, Baiona, Vilagarcía, Mondariz, Tomiño, Cuntis e O Porriño.
