Polémica en terra, incerteza no mar

Europa aposta polos parques eólicos mariños que os partidos galegos coinciden en rexeitar
Miguel Pardo Actualizado 25/10/2009 - 01:22 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 3 voto/s

Máis de 90 aeroxeradores, cunha capacidade de produción de 209 megavatios, que poderían subministrar enerxía eléctrica equivalente ao consumo anual de 200.000 fogares, e situado a 30 quilómetros da costa oeste de Xutlandia. Estas son as características do Horns Rev 2, o parque eólico mariño máis grande do mundo e inaugurado hai tan só uns días en Dinamarca. Só é unha máis das seis instalacións que posúe o país nórdico e que prevé en catro anos a construción de tres parques máis de maior tamaño aínda.

Tamén Inglaterra, Bélxica, Irlanda, Alemaña ou Francia apostaron por unhas instalacións de enerxía renovable (offshore) con múltiples vantaxes, segundo os seus grandes defensores, entre os que se inclúen organizacións ecoloxistas como Greenpeace, así como os promotores interesados no seu negocio.

Mentres, España comeza a dar os primeiros pasos para fixar o marco normativo que regulará a instalación destes parques. No entanto, algunhas comunidades, entre elas Galicia, amósanse claramente en contra dun tipo de enerxía eólica esquecida nos últimos meses entre a morea de recursos e polémicas que arrodean a regulación dos muíños na terra. O pasado mes de xullo, o Executivo galego anunciou a interposición dun recurso contencioso-administrativo contra a resolución do Estudo Estratéxico Ambiental do Goberno central e que declaraba gran parte da costa galega apta para estas instalacións. O goberno de Feijóo di que Madrid invade competencias autonómicas, algo que tamén consideraba o bipartito.

Porque o consenso no arco parlamentario galego é total. En maio do mesmo ano, o pleno aprobou por unanimidade unha proposición non de lei na que rexeitaba a instalación de parques eólicos mariños e instaba a actuar contra o Executivo.

Os defensores desta enerxía non entenden a unanimidade da clase política galega contra os offshore. Greenpeace asegura que na Península Ibérica sería posible crear por este medio 25.000 megavatios de potencia ata 2030, evitando a emisión anual duns 25 millóns de toneladas de CO2, ademais de indicar Galicia como un dos lugares axeitados.

O Mapa Eólico Mariño, aprobado definitivamente polo Estado en abril, marca as bases para abrir o concurso ás empresas interesadas e sitúa a maior parte da costa galega como apta para os offshore, sobre todo uns 20 quilómetros entre

A Guarda e Oia e outros 30 entre Foz e Ribadeo. Entre as áreas de exclusión inclúense as Illas Atlánticas, as rías de Ribadeo e Ortigueira ou a Costa da Morte e Cedeira.

O Parlamento galego alude “ao impacto que os proxectos terían sobre o sector pesqueiro e marisqueiro”, ademais da ameaza para a seguridade marítima, como argumentos para posicionarse en contra. Greenpeace, na súa última visita a Galicia, foi contundente. “É hipócrita; sorpréndenos a unanimidade en contra dunha tecnoloxía renovable que pode ser a solución, pero que non se estea de acordo en acabar cos combustibles fósiles”, dixera Mario Rodríguez, director de campañas, en referencia ás centrais térmicas das Pontes e Meirama. “O 37% das emisións de gases de Galicia proceden delas dúas”, engadiu, tras criticar “a falta de valentía política”.

A patronal das promotoras eólicas coincide en moitos dos argumentos con Greepeace e aposta, aínda que por outros motivos ben diferentes, pola enerxía eólica mariña. Alberto Seña, voceiro da Asociación Empresarial Eólica (AEE), manifesta que estas instalacións “teñen menor impacto visual e ambiental e unha maior potencia”. “É prematuro posicionarse en contra antes de avaliar os posibles impactos, nin saber a distancia exacta á que se sitúan da costa”, aclara, ademais de sinalar que “calquera tipo de impedimento medioambiental vetaría o proxecto”. “É algo evidente”, di.

O que si aclara AEE é que a profundidade das augas galegas supón un problema, xa que habería que colocar as instalacións “sobre máquinas flotantes”, aínda así, non dubida en que o país conta con ventos máis que aptos que no mar soplan “a un metro máis por segundo”.

O ecoloxismo galego ve nos eólicos mariños os pros, pero tamén as contras. Adega xa manifestou o seu apoio a unha enerxía “non contaminante e con vantaxes con respecto a outros sistemas”. Porén, aclara que “non se debe promover por promover sen coñecer as características do territorio; ten o seu impacto”.

Malia a lentitude do proceso –pódense tardar ata seis anos desde que se aproban ata a súa construción– hai xa sete proxectos presentados para Galicia, segundo datos da AEE, das 32 que se presentaron en España. Acciona, Iberdrola, Endesa ou Fenosa están detrás duns parques que prevén explotar 135 Mw en 2010 e 25.500 en 2020. Segundo a patronal, o procedemento legal “está moi parado”. “O Estado caracterizou as zonas para sacar o concurso dos parques, pero non vemos ningún movemento a curto prazo”, aclaran. A súa idea é que en dous anos haxa xa algún proxecto para poder participar nas subvencións da UE. “A ver se entre 2014 e 2015”, din. En Galicia, mentres o sector dos eólicos terrestres lamenta a “parálise” da Xunta, nin tan sequera se pensa nunha alternativa que Europa non dubida en agarrar con forza. Os partidos, por unha vez, puxéronse de acordo. Greenpeace e as promotoras eólicas, tamén.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.