O Comité de Bioética respalda o aborto aos 16 sen permiso paterno

O órgano consultivo apoia a proposta do Goberno pero apunta que os pais deben ser informados se a vida da menor corre perigo
Xornal.com Actualizado 09/10/2009 - 15:03 h.
1 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 9 voto/s

O Comité de Bioética de España, un organismo de carácter consultivo e independente adscrito ao Ministerio de Ciencia e Innovación, fixo público onte un informe no que respalda a reforma da Lei do Aborto proposta polo Goberno. Apóiaa en todos os termos, incluída a potestade que se lles recoñece ás mozas de 16 e 17 anos, menores de idade, de interromper o seu embarazo sen consentimento dos pais.

O informe explica que “é unha medida razonable porque non lle impide á menor acudir aos pais en demanda de consello ou axuda, pero evita que os proxenitores poidan impoñerlles unha determinada decisión”. Así e todo, o Comité de Bioética puntualiza que habería que informar “obrigatoriamente” os pais en caso de “grave risco” para a vida da moza.

Once dos doce membros do comité asinaron o informe, que considera que “a opción pola ampliación da interrupción voluntaria do embarazo é a que lle convén a un Estado laico e neutral fronte ás discrepancias derivadas das distintas crenzas dos cidadáns”.

 

PLATAFORMA GALEGA PRO ABORTO

Tamén onte se presentou en Santiago de Compostela a nova Plataforma Galega polo Dereito a Decidir. Nela agrúpanse actrices, escritoras, sindicalistas, médicas e profesoras, entre outras profesionais, co obxectivo de reclamar unha nova lei que garanta a interrupción voluntaria do embarazo na rede do Servizo Galego de Saúde (Sergas) e de esixir que se despenalice o aborto.

A plataforma aprobou un manifesto no que recoñece a autonomía das mulleres de 16 anos “para decidir sobre a súa maternidade”. Defende “o dereito á saúde sexual e reprodutiva, á maternidade libre e responsable e a un aborto seguro”, e apoia a lei de prazos de 14 semanas. Esixe tamén a protección da intimidade e confidencialidade das historias clínicas das mulleres e unha regulación da obxección de conciencia para que “non poida ser invocada de forma colectiva” nos centros de saúde.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
Asasinato laico
sensato
2009-10-08 20:25:52
Que importancia terá que esta lei sexa laica ou non; un aborto segue sendo un asasinato, e iso non se pode disfrazar con palabrería: interromper un embarazo é interromper unha vida!! As leis non poden nunca quitar a vida a ninguén!! O aborto é un síntoma de decadencia, corrupción e animalización do ser humano, tamén dende o punto de vista laico!!

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.