A alemá Herta Müller gaña o Nobel de Literatura

De orixe romanesa, destaca polos seus relatos sobre a ditadura de Ceaucescu. Unha das súas obras, O home é un grande faisán no mundo, está editada en galego no catálogo de Xerais.
Xornal.com Actualizado 11/10/2009 - 23:02 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 2 voto/s
Vota Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible

A escritora xermano-romanesa Herta Müller, "quen, coa concentración da poesía e a obxectividade da prosa, debuxa as paisaxes do desamparo", obtivo o Premio Nobel de Literatura 2009, segundo informou hoxe a Academia Sueca.

Segundo o comunicado da academia, Müller naceu o 17 de agosto de 1953 na localidade xermano falante de Nitzkydorf, en Banat, Romanía. Os seus pais pertencían á minoría xermanófona de Romanía e o seu pai serviu durante a Segunda Guerra Mundial nas Waffen-SS. "Moitos alemáns de Romanía foron deportados á Unión Soviética en 1945 e a nai de Herta Müller figura entre eles", sinala o texto.

Pasou cinco anos nun campo de traballo en Ucraína, por entón pertencente á Unión Soviética. "Esta foi a razón de que Herta Müller, moito máis tarde, describise o exilio dos alemáns de Romanía na URSS na súa obra Atemschaukel (2009)", continúa o comunicado.

Herta Müller estudou literatura alemá e romanesa entre 1973 e 1976 na Universidade romanesa de Timisoara. Durante este tempo tivo contacto con Aktionsgruppe Banat, un círculo de novos escritores de fala alemá que se opuña á ditadura de Nicolae Ceaucescu e buscaba liberdade de expresión. Logo de terminar os seus estudos, traballou como tradutora nunha fábrica de maquinaria entre 1977 e 1979. Despedírona cando se negou a cooperar coa policía secreta e actuar como informante. Despois do despedimento foi obxecto de acoso por parte da Securitate.

A galardoada, segundo a Academia sueca, debutou como escritora coa colección de relatos Niederungen (1982, traducido en 1990 en castelán como En tierras bajas), que foi censurada en Romanía. Dous anos máis tarde publicouse unha versión non censurada desta colección de contos en Alemaña e o mesmo ano apareceu Drückender Tango en Romanía. En 1986 publicou Der Mensch ist ein großer Fasan auf der Welt, que foi traducida ao galego por Xerais como O home é un grande faisán no mundo en 2001, dentro da colección As literatas.

"Nestas dúas obras, retrata Herta Müller a vida nun pequeno pobo xermano falante e a corrupción, a intolerancia e a opresión que nel atopa", afirma a academia. "Por mor diso sufriu a crítica da prensa nacional ao mesmo tempo que tivo unha acollida moi positiva nos medios de comunicación de fala alemá no exterior", prosegue. Debido ás súas críticas públicas á ditadura romanesa "castigoulla coa prohibición de publicar no seu país". No ano 1987 emigrou xunto co seu marido, o escritor Richard Wagner.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.