Domingo, 21 de marzo de 2010 - 22:39 h

Táboas: “Que o galego non deixe de bater”

A deputada empregou a lingua propia de Galicia nunha comisión sobre a ocupación do Sáhara
Xornal.com Actualizado 14/10/2009 - 01:47 h.
9 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 29 voto/s

“Vou comezar a miña intervención falando en galego, porque quero que resoe con forza neste espazo arquitectónico (...) a lingua do meu pobo, para que nunca deixe de bater contra os muros da intolerancia”. Deste xeito, a coordinadora da Executiva do BNG e deputada, Teresa Táboas, comezou onte o seu discurso na sede de Nacións Unidas en Nova York.

Táboas participou como represetante española nunha comisión da ONU sobre a audoterminación dos territorios ocupados do Sáhara. Segundo a deputada nacionalista o xeito de comezar o seu discurso empregando o idioma propio de Galicia foi“ un xesto para amosar que a intransixencia e o ataque á liberdade dos pobos pode estar moi cerca, non só nos chamados conflitos internacionais”.

A ex conselleira de Vivenda empregou o galego, a pesar de non ser unha lingua oficial dentro da ONU, nas primeiras frases da súa alocución, que logo desenvolveu en inglés. Non é a primeira vez que na sede de Nacións Unidas resoan palabras na lingua propia de Galicia. Carlos Aymerich, portavoz parlamentario do Bloque, e Ana Miranda, a representante da formación en Bruxelas, xa o fixeron noutra ocasión. Ambos os dous leron unhas palabras do galeguista Alfonso Daniel Rodríguez Castelao e manifestaron que “non hai peor desterro que o que sofre o noso propio país”.

A deputada nacionalista amosou a súa solidariedade “cun pobo, o do Sáhara, que leva demasiados anos xa sofrindo non só a ocupación do seu territorio senón tamén a vulneración dos máis elementais dereitos humanos”.

 

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
Coma os camaleóns, adaptándose a calquera partido e a calquera idioma.
Meu
2009-10-08 20:46:55
Esta Teresa vale tanto para un roto como para un descosido... o malo é que é intercambiable para calquera partido, é moderna e guai como os do PSOE e tecnócrata e adaptable á nosa cultura como os do PP... o que pasa e que Quintana adiantóuselles e fixo a fichaxe para o BNG. Así vamos! Acredita no noso idioma tanto como Feijoo.
2
A Sayid Jarrah
Manuel
2009-10-08 18:18:12
Eu entendo o ámbito doutro xeito que supoño sería ao que se refería a propia Táboas. Se estás falando con persoas non galegas que non entende o noso idioma sempre recurres a outros, inglés ou castelán. E realmente poder facer iso é unha riqueza. A ningunha persoa normal se lle ocorre cambiar de idioma porque pensa que un é superior a outro, ou non debería. Como sempre sostiven os idiomas non son comparables senón diferentes e o noso, o galego, temolo que coidar nós pois ninguén máis ten esa responsabilidade.
3
cascos
xavi
2009-10-08 17:37:08
Unha muller do noso tempo, si señor, preparada e intelixente, esta é a candidata que necesita o BNG sen dúbida. E fala inglés, cousa rara entre a nos clase política. Ahi estaba Feijoo en Bruselas cos cascos para enterarse de que ia a cousa...vaia empanao.
4
non e asi
Sayid Jarrah
2009-10-08 17:34:38
Home, manuel, penso que está ben claro o que eu pretende dicir, esta muller escolle unha ou outra lingua en función do ambiente, se iso é realmente o que dixo, o cal me parece absurdo e diglósico, porque o galego vale pra todo tipo de ambiente, e se es nacionalista galego, deberías defender o seu uso en cada unha das esferas da túa vida, ó ir á panaderia, falar co veciño, dar clases de anatonomía na Universidade ou facer o amor, sempre que te entendan claro (se non te queren entender é outra coua), senón hai moitas outras linguas máis as cales sempre está moi ben saber, esa é a miña idea.
5
Aí está
Agradecid@
2009-10-08 15:36:51
O Bloque fixo, e iso non hai quen o negue, a primeira selección realmente profisional de Conselleiros. Para mostra aí está a nosa Teresa.
6
Claro que é bilingüe
Manuel
2009-10-08 13:51:25
A ver Eu o concepto bilingüismo leva implícito o termo dupla, dous. E neste caso diríamos que Taboas é trilingüe, fala perfectamente galego, castelán e inglés ¿Cal é o problema?. Os nacionalistas aspiramos a saber falar cantas máis linguas mellor, outros analfabetos, que din ser bilingües facendo un mal uso diste termo, aspiran a saber so castelán. Esa é a diferencia, por un lado están os rancios analfabetos cheos de auto-odio e por outro está a opción dos que defendemos a nosa cultura sen despreciar ás demais. A maioría das batallas deste tipo, tiveron ao longo da historia, sempre un claro vencedor, a razón sempre tumbou as inxustizas, e o que se está a facer contra o galego, terá unha resposta clara e contudente por parte da maioría da sociedade deste país.
7
Pero Teresa non era bilingüe?
Eu
2009-10-08 12:56:57
Creo lembrar algunha entrevista na que dicía que falaba galego ou castelán segundo o ámbito (con ou sen micrófono). Detesto esta ambigüidade nos políticos. A Teresa Táboas xa lle pasou a quenda da Xunta. Pa casiña.
8
Obrigado
andamollo
2009-10-08 12:19:06
Teresa obrigado por facer oir a nosa voz na sede de Nacions Unidas mentras outros querena calar na nosa nazon. Aseguroche que coa tua voz falabamos moitos e as tuas verbas foron as de moitos de nos. Adiante O GALEGO
9
Alto, claro e con respecto non coma os bífidos
Manuel
2009-10-08 03:36:53
Outro camiño está a coller o BNG e por eso andan os PPeros a cen. Até tentaron fichala eles para o PP así que iso de despretixila pola valía xa non lles vai convencer. Temos a razón e en breve teremos a clase política máis preparada para quitar a Galicia da miseria que leva sufrindo toda a vida. Moita sorte Teresa

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.