Viernes, 19 de marzo de 2010 - 15:14 h

Sanidade oculta datos da compra da sede da Fegas

A Xunta só admite un sobreprezo de 80.000 euros, mentres o PPdeG defende a “transparencia” na compra dos seus locais
David Lombao Actualizado 16/10/2009 - 04:07 h.
5 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 15 voto/s

A Consellería de Sanidade defende con vehemencia a compra da sede da Fundación Escola Galega de Administración Sanitaria (Fegas) ao promotor da sede do PPdeG, coa remisión aos medios de comunicación de parte das escrituras notariais que acreditan a operación, aínda que estes documentos só exercen de cartas dunha baralla sensiblemente máis ampla.

Despois de que, tal e como recolleu este diario, a Cadena Ser sacase á luz unha “corrección de erros” que, en marzo de 2003, inchaba por importe de 1 millón de euros –cantidade coincidente co prezo da sede popular, situada no mesmo edificio– o prezo inicialmente acordado entre a Fundación e a promotora Sociedade Civil San Lázaro, o departamento que dirixe Pilar Farjas reduciu onte ese desfase a 79.846,19 euros, aínda que gardando un as na manga.

Segundo o “fragmento” da escritura difundido por Sanidade, o importe inicial da operación –antes da “corrección de erros”– non ascende a 2,07 millóns, senón a 2,9 millóns. Dezaoito días despois, recoñece a consellería, prodúcese unha modificación ante notario, nunha segunda escritura, de “erros materiais na certificación do acordo do Padroado da Fundación”, se ben non detalla a causa deses erros.

Neste segundo documento, as cantidades iniciais serán lixeiramente enmendadas. O alugueiro anual –o contrato era de tipo “mixto”, cunha “adquisición de baixo e oficinas” por 820.992,15 euros e un “alugueiro de aulas con opción de compra”– pasa de 1,2 millóns a 978.428, e o importe a ingresar por parte da Fundación Fegas, no caso de exercer a opción de compra sobre as aulas, elévase dende 924.158,78 euros ata algo máis de 1,2 millóns de euros.

Así as cousas, Sanidade reduce o desfase entre ambos contratos á diferenza entre 2,9 e 3,07 millóns, isto é, ao resultado de sumar, en ambos casos, a “adquisición de baixo e oficinas”, o “alugueiro” e mais a “opción de compra”.

Non obstante, o mapa de situación non é completo, á luz da información sobre a compra á que tivo acceso Xornal de Galicia. Segundo estes datos, o primeiro dos dous textos notariais difundidos por Sanidade incluía tamén, xunto ás diferentes cantidades, unha cláusula segundo a cal a Fegas quedaría eximida de “abonar cantidade ningunha” no caso de exercer a opción de compra das aulas se antes xa ingresara os alugueiros. Esa cláusula non se atopa entre a información facilitada onte pola Xunta. Deste xeito, o resultado de restar o importe da “opción de compra” –924.158,78 euros– dos 2,9 millóns que, segundo Sanidade, foron pactados na primeira escritura serían 3,07 millóns, manténdose así o desfase en case 1 millón de euros ou, o que é o mesmo, o mesmo importe que tivo que afrontar o PPdeG cando recibiu a súa sede o 22 de xaneiro de 2004, tan só tres semanas despois de que Fegas ocupase a súa, no andar superior do mesmo edificio.

 

XUSTIFICACIÓN DO PP

Mentres Sanidade enviaba parte dos documentos notariais aos medios, o PPdeG recalcou ao longo do día, coa mesma intensidade, o “carácter absolutamente transparente” que, aseguran, presidiu a compra da súa sede no ano 2004.

Segundo o conselleiro da Presidencia e secretario xeral dos conservadores galegos, Alfonso Rueda, a adquisición da sede popular na parte baixa do Edificio CNL do barrio compostelán de San Lázaro –no andar inferior ás oficinas da Fegas– “non garda absolutamente ningunha relación coa compra de ningún outro inmoble, como parece ser que se quería dar a entender”, asegura.

No mesmo sentido, Rueda móstrase “seguro” de que a Consellería de Sanidade “terá unha explicación perfectamente entendible e axustable á realidade” para dar conta do sobreprezo, aínda que, en calquera caso, o número dous dos conservadores subliña que esa operación “non ten nada que ver” coa desenvolvida polo PPdeG en 2004.

Tamén o voceiro popular, Antonio Rodríguez Miranda, tratou de restar importancia á posible conexión entre ambas compras, reducíndoa a unha simple “cortina de fume” impulsada polo PSOE.

Segundo Miranda, “o PP comprou a súa sede e para iso tivo que subscribir unha hipoteca que aínda está pagando”. Neste escenario, o popular pasa por riba dos datos revelados onte para asegurar que, mentres que o PP está “tranquilo”, é o líder do PSdeG, ‘Pachi’ Vázquez, quen ten que “dar explicacións” sobre as “magníficas obras” do seu domicilio privado.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
E outro papeliño...
Ramon
2009-10-14 16:15:10
... non menos importante: o xustificante do pagamento á construtora e da súa correspondente contabilización oficial. Igual o pagaron da caixa B e a hipoteca éche para outros "menesteres"
2
MOURON
2009-10-14 14:25:05
O pagar unha hipoteca non demostra nada, posto que nestes casos o diñeiro é oficial, so que a diferenza devólvese en negro, co cal o vendedor branquea e o comprador embucha en B. Que lle pregunten a Crespo Sabarís como se fai.
3
hai que demostrar o pago da hipoteca
2009-10-14 13:49:51
Que presenten os papeis da hipoteca e os pagos da mesma. Así creriamolos. No contrario minten descaradamente.
4
MOURÓN
2009-10-14 13:46:28
A que agarda a fiscalía para intervir neste asunto e aclaralo. Sería gravísimo que o Partido Popular se embolsase un millón de euros en negro á conta de tódolos galegos. Compre unha aclaración, non dos propios implicados, que xa coñecemos as súas artimañas para embarullar, senón da xustiza.
5
outra mais
frijol
2009-10-14 09:23:40
A que está liando frijolito

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.