As promesas de continuidade non se concretan en realidades

Xornal.com Actualizado 17/10/2009 - 01:30 h.
4 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 4 voto/s

O conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda, insistiu no Parlamento en que a Xunta vai seguir apoiando o ‘software’ libre e as diferentes liñas de investigación e desenvolvemento no campo das tecnoloxías da información e a comunicación. Asegurou, por exemplo, que “se están renovando os convenios coas universidades e centros para a investigación”. Porén, os responsables destes servizos non teñen constancia de que iso esté a pasar. Polo momento, aínda queda marxe para a renovación, no caso das Oficinas de Software Libre universitarias que, por outra parte, contan co respaldo económico das entidades educativas. Rueda asegurou que a Xunta vai “achegar o ‘software’ libre ás pequenas e medianas empresas, licenciar como ‘software’ de portas abertas o desenvolto con fondos públicos e que sexa propiedade da Xunta, utilizar documentos baseados en estándares abertos como política de goberno e coordinar accións formativas para a sociedade e as empresas”, entre outras medidas. Todo isto, ata o de agora, non se ve reflectido en ningunha partida orzamentaria concreta ou mesmo nun plan ou proxecto que se comunicase ás partes afectadas. Por iso, tanto os empregados que ven como se achega o remate dos seus contratos, como os sindicatos, como os partidos da oposición, temen que a Xunta reduza á mínima expresión as políticas para o desenvolvemento da sociedade da información. Un traballo que, segundo Ana Bouza, do BNG, tivo un “éxito incontestable co Bipartito”. “En apenas dous anos –dixo–, alfabetizouse dixitalmente a 26.000 persoas, atraéronse novos talentos científicos evitando a fuga de cerebros, o 10% das empresas usan ‘software’ libre e o seu uso triplicouse nas escolas”.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
Alfabetizados dixitalmente máis de 34.000
Manuel
2009-10-16 13:29:50
Sobre o que dixo Ana Bouza, destacar que non se alfabetizou dixitalmente a máis de 26.000 persoas. Máis de 26.000 son os usuarios rexistrados da Rede, pero a xente que asistiu a obradoiros de alfabetización dixital foron case 35.000 http://dinamiza.sociedadedainformacion.eu/web2/novas.php?cod_nova=286
2
Malísima
laiño
2009-10-15 13:45:44
Un tipo que se manifesta polas rúas de Compostela contra "la imposición del gallego" en compañía de Falange Española, Rosa Díez, a UCE e un grupo de persoas vidas en autobús desde Burgos... non debería ter responsabilidade algunha nun goberno serio. Mais se constatamos que esta persoa é Conselleiro da Presidencia e que fichou no seu equipo a persoas de Falange teremos que admitir que TODOS estamos en perigo.
3
Promesas, promesas, promesas... aquí o que fai falta son feitos e non promesas!!
Ramiro Fonte
2009-10-15 04:40:41
O señor Rueda ese non sei quen é pero que se deixe de tantas promesas novas e que se poña a cumprir as que prometeu, que están sin estrenar. Que explique dunha vez qué vai facer cos traballadores que van quedar nacalle o 31 de decembro e quen vai levar todo o de Mancomún e todo o demais.
4
Mala xente
belixerante
2009-10-15 04:40:00
Os que non deixan vivir aos demais son simplemente mala xente. ... Estes mentens, son tramposos e xogan a enganar. Malo que "xoguen" ás politicadas entre eles, pero que deixen as cousas técnicas sen fodelas..... definitivamente son xente ruin, nin máis nin menos.... Os seus simpatizantes deberían empezar a pararlles os pes.

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.