Domingo, 21 de marzo de 2010 - 22:42 h

Antón Baamonde: “Os que se opoñen ao galego manexan a visión do franquismo”

“O galego é un idioma como outros, pero foi no que se loitou polas liberdades”
Rodri Suárez Actualizado 18/10/2009 - 01:04 h.
4 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 41 voto/s

Antón Baamonde (Vilalba, 1959) forma parte da plataforma Galego, Patrimonio da Humanidade, que se presentou hai seis días en Compostela nun acto no que participaron dirixentes do PSdeG, CC.OO ou UGT. O profesor de filosofía e analista cre importante –a catro días da manifestación do domingo– escenificar a defensa da lingua propia como algo común a todas as correntes políticas pero sempre marcando distancias cos grupos máis conservadores que buscan a marxinación práctica do galego.

 

Forma parte dunha das varias plataformas en defensa da lingua. Nese terreo a variedade é un valor?

O que nós podemos aportar é a renovación do discurso. Non cremos en estruturas de afiliación e todo iso, queremos interpelar a públicos máis amplos. Sen excluír, é importante disociar a defensa do galego do nacionalismo, porque esa é unha redución interesada por parte do PP, que sabe que iso convén aos seus obxectivos. Na presentación da plataforma había xente eminentemente nacionalista, pero o feito de que haxa apoios de CC.OO, UGT ou xente coñecida do PSdeG é un intento de pluralidade e o acto que faremos no Teatro Principal de Santiago o 14 de novembro ás doce da mañá será unha representación diso mesmo. Pero tamén se trata de derrubar ese discurso que liga o galego á imposición cando sempre o galego foi o idioma no que máis se combateu contra a ditadura, no que máis se loitou pola liberdade, que non é precisamente do que máis poden presumir os que están no Goberno e que á vez afirman que Millán Astray é un “coruñés de pro”.

 

Galego e progresismo sempre estiveron moi vencellados.

O galego foi no que se expresou o combate pola liberdade. Logo é un idioma como outro calquera, no que a xente fala porque foi o dos seus pais. Agora está nun momento moi complicado porque se están reducindo os seus falantes e os seus usos sociais, está sometido a un proceso de xibarización.

 

Pensa que na súa defensa foron moi tibios os non nacionalistas e demasiado contundentes os nacionalistas?

Puido pasar. O factor político ou incluso legal en relación á sorte do galego ten un peso importante, pero hai outros elementos, hai tendencias de fondo que teñen que ver coa propia sociedade galega, coa globalización... aquí había un consenso que este Goberno rompeu. A Xunta parece que prefire deixarse levar polas FAES e os sectores que queren facer do castelán un sinal de primacía. Esas mentes buscan que o castelán sexa o idioma por defecto e o galego unha especie de opción baixo a preeminencia do castelán. Queren volver a antes de que houbera Estatutos de Autonomía ou Leis de Normalización. O peor disto non é esa actitude, senón a cantidade de lixo argumental no que se liga ao galego, porque se pode defender a lingua sendo do PP, do PSdeG, do Bloque ou da asociación de fumadores en pipa e tamén dos que falan castelán, destes eu coñezo moitos que queren que os seus fillos saiban galego, en cambio hai quen quere convertelo en inimigo, nunha especia de guerra santa contra o que consideran un oprobio.

 

Que buscan os que atacan ao galego?

Semella un obxectivo político.

España no seu conxunto avanzou dende un país centralizado na ditadura a un país descentralizado e case federal e plurinacional, que se organiza con formas de autogoberno que protexen as linguas dos distintos territorios. Os que se opoñen ao galego realmente propoñen unha visión dentro da visión unitaria centralista da que o franquismo foi a súa maior expresión. Están en xogo dúas visións de España, unha plural e diversa e outra que cre que o único idioma é o castelán e o que non o fala é sospeitoso de algo. Pero o galego ten ou debería ser o símbolo dunha segunda modernización de Galicia.

 

Nos últimos tempos apareceron grupos que suxiren certo odio cara a lingua galega.

Iso supón unha novidade, pero ese factor existe nun contexto determinado dende as eleccións. É un produto inducido por algúns medios de comunicación e unha forza política. Porén, pensar que ese vaia ser un elemento articulador da sociedade galega no futuro, pois creo que non. As malas relacións co galego teñen que ver con certo riquismo, que non é só de Galicia senón tamén ocorre coa sociedade española, onde calquera elemento que remonte a un pasado que certas novas clases consideran doloroso e queren obviar. Esa é unha explicación para determinadas condutas.

 

Sectores moi amplos do PP semellan cómodos fóra da órbita do galego.

O PP está en transición. Está abandonando o centrismo. Pero este PP terá éxito? O que ten sucedido de ano e medio a aquí non nos pode facer perder o sentido das proporcións. Ao PP gustaríalle unha fisura PSdeG-BNG pola lingua, para facer imposible a reprodución do bipartito. Pero estes non deberían caer nesa manobra tan evidente.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
neofranquistas=caciquistas....
da Vila
2009-10-15 18:34:19
No fundo destes grupos ultra-espanholistas o que procuram é o poder económico absoluto.Nom querem que as províncias periféricas da capital do estado espanhol academ um desenvolvimento maior que eles.As empresas fortes galegas já forom desmanteladas da Galiza,quase.
2
Non sempre gaña a razón
2009-10-15 16:19:38
A manipulación, a violencia non física que supón impor a mentira sabemos que ten vencido sobre unha causa xusta. NOn por saber iso vou aceptar a derrota. O domingo serei un galego máis manifestando o dereito que teño a ser tratado co respecto que merezo.
3
Volven os neofascistas profranquistas
Manuel
2009-10-15 13:20:52
Pero aquí estaremos agardándolos para defender as libertades de todos, incluidas as deles. Vencemos unha vez e voltarémolo a facer, porque temos o máis importante da nosa parte, a razón.
4
europeos
airadasenra
2009-10-15 09:31:05
Sempre gostei do sr Baamonde. Unha mente lúcida e un galego sen complexos.

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.