As particularidades materiais do gong

NÓS - MÚSICA. O músico pertencente ao colectivo Wandelweiser presenta unha proposta que outorga o protagonismo ás cualidades dun gong, instrumento entendido para el como protoescultura
Miguel Prado Actualizado 17/10/2009 - 02:40 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 2 voto/s

Teño que recoñecer a miña predilección polos traballos dos compositores do colectivo Wandelweiser. Influenciados enormemente polas obras de John Cage e a súa relación co silencio, inspirados por filósofos como Gilles Deleuze, compoñen a música mais interesante dentro do ámbito de creación contemporánea. Estas tres composicións para gong –que levan como título nomes de obras do xenial escultor romanés Constantin Brâncusi– parten da concepción deste instrumento como protoescultura. Concentrándose nas particularidades materiais do instrumento o percusionista Greg Stuart fricciona o gong cun arco, xerando harmónicos e suaves drones no primeiro e terceiro corte, mentres que na peza central do disco, Stuart golpea o gong sesenta veces de forma seca, invocando a capacidade de concentración do receptor. Trátase dunha deriva pola estrutura metálica e as cavernosas sonoridades do gong. Música de extremada beleza. Control e indeterminación nun interminable tour de force.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.