Sábado, 20 de marzo de 2010 - 0:23 h

O ministro Caamaño sumouse á multitudinaria manifestación a favor do galego

O presidente Feijóo ten un problema na rúa. Máis de 50.000 persoas, segundo as Policía compostelá, ateigaron Santiago na protesta convocada pola plataforma Queremos Galego. Toda a oposición -PSOE e BNG- marchou xunta contra o recorte da promoción do galego que fai o PP. O ministro Caamaño tamén estivo en Compostela.
Xornal.com Actualizado 20/10/2009 - 01:12 h.
64 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 88 voto/s

Foi un éxito da sociedade civil de Galicia. O idioma propio deste país, o galego, ten quen o queira e todo ten unha explicación. O PP alcanzou a Xunta tras apoiarse en plataformas contrarias á normalización lingüística como Galicia Bilingüe e ao chegar a San Caetano comezou a tomar medidas que dende a oposición e institucións como a Real Academia Galega foron entendidas como un “proceso de eliminación da lingua”. Entre outras, xa case non hai escolas infantís en galego nas cidades, este non é obligatorio para acceder á función pública e falta o decreto do ensino, do que se teme o peor. Pois ben, milleiros de persoas plantaronlle cara a Xunta de Feijóo en defensa do idioma propio de Galicia.

As primeiras impresións apuntan a que a protesta de hoxe superou a do Día das Letras Galegas, a maior da historia até hoxe a prol da lingua propia de Galicia, con, segundo a Policía Local de Santiago, 50.000 persoas na capital galega. "Somos galegos e temos dereito" e "Na Galiza, en Galego" foron algúns dos berros máis populares que se escoitaron polo centro e a zona vella de Santiago até a Quintana, praza que se baleirou e encheu por completo en dúas ocasións.

Polo PSdeG-PSOE participou o seu líder, Pachi Vázquez, acompañado polo ministro de Xustiza, Francisco Caamaño, e os deputados Francisco Cerviño e Xaquín Fernández Leiceaga. Tamén estivo o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo. Foi o propio Caamaño quen, a preguntas dos xornalistas, puxo voz á crítica socialista contra os plans lingüíticos de Feijóo quen, ao seu xuízo, camiña cara ao intento de facer "desaparecer do mapa" o idioma de Galicia ao poñer "en perigo" normas como a Lei de Normalización Lingüística

Do BNG acudiu a practica totalidade da cúpula dirixente, encabezados por Guillerme Vázquez e Carlos Aymerich e toda a Executiva Nacional. Tamén houbo representacións de Esquerda Unida e TEGA, así como do 'popular' Rafael Cuíña, quen asegurou non ser o "único" militante do PPdeG que participou na mobilización e se mostrou disposto a apoiar "todas" as iniciativas en defensa do idioma.

Do eido da cultura participaron Suso de Toro -entrevistado hoxe a fondo en Xornal de Galicia-, Avelino Pousa Antelo, Teresa Moure, Manuel Rivas, Xurxo Lobato, Bernardino Graña; Andrés Torres Queiruga, Susana Seivane, Manuel Lourenzo, Xurxo Souto e moitos outros. Na parte traseira marchou a Galego Sempre Máis e outros colectivos críticos coa plataforma Queremos Galego pero que comparten moitas das súas reivindicacións.

Queremos Galego critica a próxima derrogación do decreto 124/2007 do galego no ensino; a rede de Galescolas; a modificación da Lei de Función Pública para a eliminación dunha proba de galego nas oposicións ou as axudas á tradución de libros en galego. O responsable da asociación Mesa pola Normalización, Carlos Callón, afirmou que a intención da manifestación é "defender a aplicación dos idiomas e da lei de normalización lingüística, que foi aprobada por unanimidade no Parlamento" de Galicia. "Queremos que Feijoo deixe esa bandeira de odio que levantou contra a lingua galega e retome o consenso", comentou o dirixente da citada asociación e exhortou á Xunta a que "deixe esa política de prepotencia contra o noso idioma". Engadiu que o seu desexo é que haxa "galego no ensino, na educación, nos medios de comunicación, porque é a lingua de Galicia" e considerou que os cidadáns teñen "dereito a vivir no noso idioma".

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
Para o ministro e para Cuiña
Belen
2009-10-19 19:25:46
Por se leran estes foros. Grazas. Importa moito o número, pero tamén a representatividade e a valentía individual.
2
miñas
maría
2009-10-19 01:23:14
os únicos que falamos varios idiomas somos os galegos! Galego, español ( empeza a ser una desgracia: reacción lóxica de auto-defensa fronte a tantas agresións!)e ao menos outras dúas linguas máis. As linguas suman! Adiante Galiza! Adiante"Queremos Galego( con maiúscula)! Adiante BNG!A mani foi espectacular! Espertamos, estabamos durmidos!
3
manipulación do xornal
maría
2009-10-19 01:06:27
os do xornal pasaronse un pelo: lémbro que o 17 de maio , o psoe e afíns- incluída moita da súa intelectualidade seudo nacionalista)non estaba e que estivo vacilante ata o último momento. cando ve que electoralmente( aínda con moita reticencia) lle interesa , súbese ao tren ( pasou coas manis contra a guerra!)Pois ben, benvidos a todos pero a noticia a destacar non creo que sexa que un ministro do psoe estea aí; máis ben estaban os galegos que sen ambigüedades defendemos os nosos lexítimos dereitos. Xuntos pero non revoltos: eles seguen a apoiar xunto co PP o " La" de A Coruña. Que contradición! A mani foi espectacular; histórica! parabéns aos organizadores de " queremos galego". Estarei aí sempre, sen confusión e cun so obxectivo: GALICIA. En canto a aplicación do decreto, nunca o psoe durante 4 anos utilizou os mecanismos que tiñan( e tiña) para que nos institutos se cumpriran eses mínimos.Síntome tan orgullosa de ter participado; ogallá podamos espertar e que todolos que levamos Galicia no corazón sexamos capaces de facer país; sen a lingua sería imposible. Adiante BNG; Adiante Queremos Galego!
4
Nosssstrusss ennnnn: Mi teclado hecha humo!
Paaaaaaara... cetamol
2009-10-19 00:39:39
Pero home nostrus, mira que debes andar agobiadísimo con tanto curre que sacas "palante" reventando foros... agora tamén te temos en "Público", ja, ja, ja... Colleitando "éxitos por doquier" síiiiiii señor! http://www.publico.es/espana/261681/manifestacion/santiago/defensa/gallego?pagCom=2#comentarios Se en vez da sarta de sandeces de pésima factura e mediocridade argumental (como a maioría dos do teu xenero,que fan rir ata nun funeral) te adicaras o que che temos encomendado fai xa máis dun mes, esto é: 1)Fiar máis fino e corrixir o pensamento enquistado e formateado dende fai moito tempo, dando paseos polo campo esperando perder a compulsión que te fai unir ós foros! Non é dificil home!: mira cando che de a compulsión e vaias polo campo, colles unha margarita e, folla a folla (coidado, eh), dis G ou B, en vez de libertad, libertad... 2) Practicar esa ortografía que temos pendienteeeee: - Verbena, nostrus, non "vervena" - Al fin y al cabo, nostrus, non "al fin y al cavo" - Desfachatez (algo que adoitas practicar), nostrus, non "desfachated" En fin, por agora o da etimoloxía dos topónimos e demáis... deixamolo máis para adiante, que tampouco é cousa de abusar moito do miolo e... Culturizarte de repente! Coda: "Padre nostrus que estás en los foros, creador del infierno mediático mediocre, de tus nicks visibles e invisibles y reventador nuesssstroooo... Aaamén! Oes, ¿reventador será con "b" ou con "v", ja, ja, ja? Joder, eu que era ateo, qué crente me volvo contigo... P.D. Volvo é un verbo, aparte do coche. Por si "las moscas" Saúde e república!
5
Maradona
Carlos
2009-10-18 23:44:51
Saudos para os de Galicia Bilingue
6
Lingua galega
Xosé Ramón
2009-10-18 23:12:50
O señor Caamaño e a xente do PP que alí foi portáronse coma uns señores. Longa vida ao Castelao do presente, o señor Pousa Antelo, non se lle amosou o agarimo que nos gustaría hoxe!
7
FALEMOS COMO GALEGOS¡¡¡¡¡¡¡¡¡
SALETA
2009-10-18 21:53:42
Querida marta non querer recoñecer a verdade pode pasarlle os que non a queren ver,,, hoxe a manifestación foi GRANDIOSA,, pero sempre quedara que pequena a queira facer,, al eles.. FALEMOS COMO GALEGOS
8
Realismo prático.
Brasilego
2009-10-18 21:38:35
A situação do galego é muito delicada. Estamos ante uma língua minoritária que perde falantes de un jeito evidente. O último que devemos fazer os galegos pra animar os outros a falá-la e tratar de obrigar. Com isso conseguimos justo o contrário. Eu acho que o futuro do galego é se dissolver no castelhano ou se reintegrar no português, seu filho maior de idade e emancipado. Eu tive um sonho. Sonhei com a Galiza integrada na PALOP e os 250 milhões de pessoas que falam português conhecendo nossa cultura. Pensem nisso por favor. Um beijo à Galiza, terra do meu pai.
9
¿E agora que ven?. ¿Qué máis?.
XG
2009-10-18 21:20:55
Certifíquese a vida, pq hai xente, e como a xente é moita facerse a pregunta: ¿e agora qué ven?, pq hai moita xente. Disque prevista está unha ILP (Iniciativa Lexislativa Popular) que xa daría traballo por un tempo. Pero, visto o de hoxe, parece pouco. Apropiado sería pasar a desenvolvela iniciativa no Parlamento, claro, e tamén nas rúas. Qué máis?.

1 |  |     

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.