Viernes, 19 de marzo de 2010 - 18:32 h

‘Queremos Galego’, na rúa a prol da lingua “á marxe de ideoloxías”

Máis de 400 colectivos, entre os que se atopan PSOE e BNG, rexeitan hoxe a “política regresiva” da Xunta cara ao galego
David Lombao Actualizado 20/10/2009 - 01:12 h.
2 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 30 voto/s

As 25.000 persoas que A Mesa pola Normalización Lingüística consegiu sacar ás rúas da capital de Galicia o pasado 17 de maio son hoxe a referencia da plataforma ‘Queremos Galego’ para calibrar o poder de convocatoria dunha manifestación que, desta volta, conta xa, antes de iniciarse, co apoio de case 500 colectivos e máis de 3.000 adhesións a título individual.

Co rexeitamento ás “políticas regresivas” do novo Goberno da Xunta cara á lingua propia como argumento esencial, o colectivo realizaba onte, a través dun dos seus voceiros, Fran Rei, unha chamada a “constestar civicamente” o que, ao seu xuízo, supón unha “política galegófoba” levada adiante polo Executivo de Alberto Núñez Feijóo.

En opinión dos convocantes, medidas como o anuncio de derrogación do decreto 124/2007 de uso do galego no ensino ou a supresión da obrigatoriedade de realizar, cando menos, un exame en galego en cada oposición á Administración autonómica fan que sexa “máis importante que nunca movérmonos polo galego” na xornada de hoxe.

Nun clima, que, segundo Rei, combinará a “reivindicación” cunha “afirmación de ledicia, festiva e positiva” do uso “normal” do idioma, a organización agarda a chegada do “dobre” de autobuses que o pasado Día das Letras, con delegacións que mesmo se desprazarán dende “Barcelona, Madrid ou Portugal”.

Con estes vimbios, a plataforma levará ás rúas compostelán unha serie de “premisas” que, explican, se sustentan en que, “como ferramenta de comunicación do pobo galego”, as “institucións públicas” e, nomeadamente, a Xunta, “teñen a responsabilidade e obriga de protexer” o galego, tal e como, lembran, “sinala o Estatuto de Autonomía”, unha norma, que, dende o seu punto de vista, “vulnera” o Goberno.

Do mesmo xeito, os convocantes desta mobilización rexeita que as medidas lingüísticas tomadas dende o Executivo, no canto de seren “progresivas”, se dirixan a “desprotexer” e “reducir a presenza do galego” en diversos ámbitos”.

Así as cousas, ‘Queremos Galego’ ten claro que calquera reforma legal no ámbito da promoción do idioma ten que vir dada mediante “acordos asinados por todos”, un “consenso” que, na actualidade, salientan, “está no Plan Xeral de Normalización” –aprobado en 2004 pola unanimidade de PP, PSOE e BNG– e na Carta Europea das Linguas, avalada pola mesma unanimidade no Congreso dos Deputados en 2001.

 

GRUPOS DE OPOSICIÓN

A mobilización desta mañá ofrecerá tamén unha imaxe inédita na presente lexislatura, como é a participación conxunta nun mesmo acto reivindicativo dos líderes das forzas da oposición parlamentaria.

Encabezando senllas delegacións de PSOE e BNG, o secretario xeral dos socialistas, Pachi Vázquez, e o líder nacionalista, Guillerme Vázquez, esixirán unha “recondución” dos plans lingüísticos da Xunta

Para o BNG, Feijóo trata de “reduciro espazo” do galego na sociedade, nun marco que, segundo o PSOE, o PP está a crear “un conflito político sen precedentes” en torno á normalización do galego.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
Estarei ahí..
pepe
2009-10-18 10:04:52
Non poderei ir esta vez e acompañar a un amigo meu afiliado o PP e do mesmiño centro de Vigo, rompendo tópicos, mafia bilingue...pero que non se limiten a o número de asistentes a xente que apoia a manifestación
2
estou convosco, estou co galego
mikel
2009-10-18 09:53:32
ainda que non poderéi manifestarme, estou co galego

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.