O espírito de Mancomún sobrevive fóra da Xunta

A comunidade galega do software libre organízase á marxe da Administración para seguir traducindo programas ao galego
Natalia Arias Actualizado 26/10/2009 - 12:46 h.
7 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 23 voto/s

O futuro de Mancomún, o organismo que se encargaba, entre outras cousas, de coordinar o labor de tradución ao galego de distintas aplicacións informáticas, das que a máis destacada foi o sistema operativo Galinux, segue a ser incerto. Porén, as comunidades de usuarios do software libre comezan a organizarse para que a rede de traballo creada a raíz desta iniciativa non morra con ela. Actualmente, hai dúas medidas en marcha neste eido: a creación dunha asociación, promovida polo proxecto Trasno e que levaba tres anos xestándose, e unha plataforma, g11n.et, que conta co apoio por distintos grupos de tradutores, membros de Ciberimandade da Fala e o ex coordinador de Mancomún, Suso Baleato.

Logo de que se producisen despidos dentro do proxecto que se creara no 2006 co apoio da Xunta, e de que o conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda, anunciase recortes económicos, tras vincular a iniciativa co anterior goberno, e subliñará que o apoio insitucional ao software libre irá por outras vías, a perspectiva é que Mancomún deixe de ser un organismo de coordinación para converterse nunha simple web. Os voluntarios, en cambio, non deixarán de traducir, e seguirá a haber estándares abertos en galego.

O proxecto Trasno agrupa voluntarios dedicados á tradución de aplicacións e foron os que historicamente ralizaron máis traballo nesta liña. A súa constitución en asociación permítelles contar agora cunha figura xurídica, aínda e xa viñan traballando neste campo moito antes de que se crease Mancomún.

Por outra parte, a plataforma informática g11n.et, que toma o seu nome da palabra galeguización, ten como obxectivo garantir a pervivencia das actividades que viña facendo Mancomún, “sen depender de institucións públicas, partidos políticos ou empresas”, segundo explica Suso Baleato.

Precisamente, un dos aspectos de Mancomún que recollera máis críticas por parte dos grupos de usuarios de Linux (guls) fora a súa vinculación co anterior executivo. Nesta liña, Alexandre Prieto, voceiro de Ciberimandade, a organización máis antiga da rede de galeguización da informática, sinala que sempre foron “críticos con Mancomún por temor a que pasase isto; esta plataforma será aberta para que a poida utilizar calquera, non é Ciberirmandade, nós só a apoiamos economicamente; o seu éxito dependerá da cantidade de voluntarios que colaboren”. Ademais incide en que non pretenden que funcione coma unha asociación. “Queremos autoxestionarnos, que o que participe, participe tamén na toma de decisións”, sinala o voceiro.

“Se nos lanzamos a isto é porque estamos convencidos de que Mancomún desaparece; están os despidos, o recorte económico –con 30.000 euros só se pode pagar o salario de dúas persoas–, e o feito de que a Xunta non vaia potenciar o traballo de tradución”, engade.

Con este fin xa están funcionando un servidor IRC, un chat, para celebrar xuntanzas virtuais e sesións de traballo; unha rolda de distribución de correo como canle de comunicación principal e un servizo de xestión de proxectos. Ademais, ao longo da semana poñerase en marcha un servizo de foros para resolver dudas terminolóxicas e un servidor de memorias de tradución. Todos estes soportes garanten o mantemento da infraestrutura técnica que desenvolvera Mancomún para permitir a coordinación das persoas que participaban, tanto a título individual como dentro de grupos ou asociacións na promoción e tradución do software libre.

En canto ao financiamento, farase coas aportacións dos voluntarios. Con tan só 5.000 euros, estiman, poderase garantir o seu funcionamento nos próximos dez anos.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
Mancomún fixo moito pero podemos seguir
tradutor
2009-10-20 00:06:06
Eu son tradutor de software libre ao galego e xa viña traducindo xa dende antes que mancomún aparecese. Mancomún aportou a orde que facía falta máis agora e xa antes a comunidade segue traballando arreo. Está claro que se a Xunta nos apoia o noso traballo será moito máis produtivo e positivo para todos, pero se non o fai nos seguiremos traballando como calquera día.
2
Grazás as comunidades de software libre
2009-10-19 20:04:47
Beizóns a todos todas os ciberactistas que se encargaron de traducir software ao galego: trasno, galego 21, egalego, mancomun, e aos do proxecto ceibe xurxo rabalde pioneiros na tradución do openoffice que ainda se pode visitar en http://ceibe.sourceforge.net antes do apoio de Industria da Xunta ao software libre había vida. O traballo das comunidades de software libre do pais ao igual que o galego sobrevirá a longa noite de pedra dos neo-pijos Feijonianos que teñen tomado o PPdGalicia e están dándolle as retroexcavadores
3
Estívose perto. Non hai que parar agora.
Eu
2009-10-19 14:08:15
É unha mágoa o de mancomún, porque a migración da administración a software libre que estaba a comezar coa substitución do office de MS polo OpenOffice queda abortada. E iso ía ser un grande aforro por unha parte, e pola outra unha redirección de investimento da administración que ía a empresas de fóra, cara ao sector TIC de aquí. En calquera caso, a tarefa da tradución voluntaria debe continuar á marxe da administración para estarmos preparados ante as oportunidades que poidan xurdir para a nosa lingua. E para que a breve existencia de Mancomún sexa aproveitada da mellor maneira posible.
4
Unha boa noticia
Raúl Álvarez
2009-10-19 11:16:13
Os que estades defendendo o galego na informática estades dando exemplo a todo o país demostrando que a cultura galega é viabel goberne quen goberne. Moi boa esa idea do nome "g11n" como abreviatura de "galeguización". Deséxovos o mellor de corazón e un consello: afortaládevos no que tedes en común e así evitaredes que se impoñan as diferenzas, que sempre as hai en todos os grupos.
5
Queremos galego, tamén na informática!
Galego da rúa!
2009-10-19 09:03:30
Dende logo ás veces este país dá motivos para a esperanza. Onte milleiros de personas expresándose na rúa aprol do seu idioma e agora estes rapaces decindo "Queremos galego" tamén na informática por que ahí está o FUTURO!.
6
Eu non dependo da Xunta
Xavi
2009-10-19 07:32:41
Eu non dependo da Xunta para usar software libre nin traducilo. Nin a Xunta nin Madrid inponme o software que podo usar. A politica da Xunta con Mancomun e so unha pequena pedra no camino. Unha magoa que o goberno non apoie o software libre, pero nos seguimos adiante.
7
Que desfeita o destes 6 meses de Feijoo
2009-10-19 01:34:22
Coma coa lingua galega ou coa costa (véxase Touriñán e Rinlo) o actual PPdeGalicia mandado por Feijoo DESFAI calquera medida de protección, defensa e pulo da lingua de noso, do software libre galego e da costa. Se cadra ainda a maioría da cidadanía non se decatou do pouco nivel do actual goberno, pero como sigan así nin os medios afíns máis dereitistas coma ABC, El Mundo ou La Voz de Galicia van poder ocultar esta deconstrución do señor feijoo.

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.