A porcentaxe de nenos de 10 a 15 anos usuarios de Internet sitúase en Galicia no 77%, por debaixo da media estal onde se sitúa no 85%. Segundo datos do Instituto Nacional de Estatística (INE), consultados por Europa Press, Cantabria (algo máis do 93%) sitúase como a terceira comunidade autónoma con maior porcentaxe de nenos afeitos a utilizar a rede nos últimos tres meses, tras Baleares (95%) e Cataluña (93%). Por anos, o informe do INE sinala que en 2004, a porcentaxe de menores que empregaba esta ferramenta en todo o estado era tan só do 60%. Por comunidades autónomas e xa respecto ao ano 2009, tras os tres primeiros postos, atópanse Aragón (92%), Navarra (91%), todas elas por enriba do 90%. As novas xeracións empregan cada vez máis o ordenador con este fin, algo que non sucede con outros colectivos, como os maiores e a mulleres. Un dos obxectivos da Rede de Dinamización da Información era reducir a fenda dixital para estes colectivos. Porén, como en Mancomún, tamén neste proxecto hai máis de corenta despidos previstos.
