Viernes, 19 de marzo de 2010 - 5:59 h

O ideario do ministro Francisco Caamaño

Xornal.com Actualizado 20/10/2009 - 01:12 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 18 voto/s

NACIÓN: Afirmou en Xornal que definir a Galicia como nación é constitucional

Nunha entrevista publicada por Xornal de Galicia o pasado 10 de setembro, Francisco Caamaño, afirmou que “o concepto de nación ten tradición na linguaxe política galega” e que Galicia “sexa recoñecida como tal non é inconstitucional”. Para o ministro de Xusticia o teito do novo Estatuto galego ten que ser “o que os galegos queiran” e invitou a que Galicia asuma máis competencias.

 

ESTATUT: Gran negociador e catedrático foi que incluíu nación no preámbulo

 Catedrático de Dereito Constitucional, secretario de Estado de Relacións coas Cortes, secretario de Estado de Asuntos Constitucionais e Parlamentarios e agora ministro, Zapatero recorreu a este home de confianza de De la Vega cando encallaron as negociacións durante a redacción do Estatut. Ocorreuselle a el a idea de introducir nación no preámbulo para evitar problemas constitucionais.

 

FEDERALISMO: “España é sen ningún tipo de dúbida un Estado de tipo federal”

Francisco Caamaño é un federalista convencido: “España é hoxe un tipo de Estado federal. Hai tantos federalismos como estados federales. Son modelos de descentralización política diferentes, pero non hai dúbida desa condición nun Estado no que hai 18 parlamentos, as leis do Estado e as das autonomías, que teñen ademais competencias en materia de sanidade, educación, infraestruturas...”

 

GALEGUISMO: O PSdeG, na procura de de ter peso específico no PSOE con novos valores

 Coa chegada de Pachi Vázquez á secretaría xeral do PSdeG e con Francisco Caamaño trazando unha nova liña de actuación para os vindeiros 20 anos, os socialistas galegos, que se desprenderon de figuras como Xerardo Estévez, Miguel Barros, Pérez Touriño ou Ceferino Díaz, andan na procura de afondar no galeguismo e de ter máispeso específico dentro do PSOE, aínda que sen renunciar ao ideario do partido.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.