CONCERTO INAUGURAL
A directora vasca Inma Shara dirixirá este espectáculo para o que compuxo unha melodía específica inspirada no Ano Santo.
MARK KNOPFLER
O guitarrista escocés estará en Santiago para presentar o seu último disco, Get Lucky.
CIRCO DO SOL
O grupo composto por 95 artistas de 20 nacionalidades diferentes traerá a Galicia o espectáculo Saltimbanco, para todos os públicos.
MAYUMANÁ
A compañía multidisciplinar israelí mostrará en Vigo e A Coruña o seu último show de percursión, Momentum.
IKER CASILLAS E RAFA NADAL
Os dous deportistas enfrontaranse nun evento solidario para recadar fondos para unha ONG.
CÓDICE CALIXTINO EN GALEGO
No 2010 estará lista a versión en galego do Códice Calixtino, a guía para os peregrinos máis famosa dende a Idade Media.
EXPOSICIÓNS FOTOGRÁFICAS
O vindeiro ano haberá varias mostras destacadas, como a de Candida Hoffer, Cristina García Rodero ou Pierre Gonnord.
MÚSICA ELECTRÓNICA E POP
Para os máis novos, o Xacobeo fará os concertos de MTV, Los 40 Principales e o Sónar Galicia.
SIMPOSIOS DE HISTORIA E VIAXES
Entre os numerosos congresos, destaca o I Encontro Internacional de Literatura de Viaxes e a Semana Auria de Novela Histórica.
