Martes, 09 de marzo de 2010 - 23:32 h

Carlos Vázquez: “Ou aparece unha cuarta forza ou hai PP para rato”

“Obxectivamente podemos chegar a un 70% da poboación galega”
Cristina Díaz Pardo Actualizado 17/11/2009 - 18:02 h.
43 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 53 voto/s

Ten cabida en Galicia un partido nacionalista de centro? Os últimos intentos non foron moi ben. Non obstante, Converxencia, unha nova formación liderada por Carlos Vázquez Padín (Tui, 1973) ten esperanza. Esperanza e confianza porque dende o partido aseguran que poden chegar “a un 70% da poboación galega”. O primeiro obxectivo é presentarse nas municipais do 2011 e logo dar o salto ao Parlamento de Galicia dentro de tres anos e medio. A barreira do 5% dos votos emitidos non lles mete medo. “Se conseguimos implantarnos non debería ser un problema”, asegura Vázquez Padín.

 

Por que cre que é necesario en Galicia un partido das súas características?

O mapa político é moi pobre tendo en conta a pluralidade da sociedade galega. Os grupos que están no Parlamento para nada reflicten a pluralidade social de Galicia. Hai unha carencia moi grave e é que non existe un centro democrático galego cun proxecto político que sexa xenuíno defensor do modo de gobernación democrática. Non temos moi claro que, hoxe en día, o PP sexa unha formación democrática, sobre todo cando acabamos de escoitar a Carlos Negreira defender a figura de Millán Astray. O mesmo pasa cos partidos de esquerda. Tanto Bloque como PSOE defenden en determinados momentos a ditadura castrista ou o goberno populista de Venezuela que entendemos como preditatorial. Por todo isto cremos que é necesario unha forza de centro democrática.

 

Como xorde Converxencia?

O noso é un proxecto a longo prazo. Non comezamos a movernos máis axiña polo resultado electoral, aínda que si nos sorprendeu. Todos somos xente moi nova. Somos un partido pequeno pero temos unha presencia moi homoxénea no territorio.

 

Defínense como nacionalistas ou galeguistas de centro...

Nacionalismo e galeguismo para nós é sinónimo. É importante aclaralo porque a palabra galeguismo tamén está nos estatutos do PP. Nós usamos esta palabra, respectámola e querémola, pero cremos que convén entrar en explicacións sobre o que é realmente o galeguismo. Por outro lado, non temos problema en identificarnos como nacionalistas. Para ser galeguistas hai que ter un proxecto de país, un proxecto autónomo sen condicionantes de intereses alleos. Tanto PP coma PSOE están moi condicionados por poderes externos e iso non é galeguismo.

 

Xa houbo experiencias antes de partidos denominados galeguistas de centro que fracasaron.

O primeiro que fixemos ao propor este proxecto foi analizar todos os fracasos reiterados de persoas que intentaron levar adiante un proxecto de centro nacionalista e galeguista. Cremos que as persoas que nucleaban eses proxectos non tiñan no centro nacionalista a súa primeira opción. Eran persoas que xa estaban no ocaso das súas carreiras políticas como Soto e Marfany e que querían buscar un buraco. Está claro que se hai que buscar sitio, ese sitio está no centro democrático, non no independentismo ou noutro lugar. Tamén hai graves problemas de incoherencia ideolóxica. Moitos candidatos non pegan coas ideas que din defender.

 

Cren de certo que poden ter éxito?

Cremos que hai un buraco. A maioría da xente é de centro. Se atendemos as enquisas, a maioría da poboación síntese tan galega como española, máis galega que española ou só galega. Iso o pensa un 80% da poboación. Se cruzamos todas estas variables vemos que o noso potencial de voto é enorme.

 

As municipais están á volta da esquina. En que concellos se presentarán?

Estamos traballando. Eu mesmo penso presentarme a alcaldía de Tui e temos contactos en Foz, Sarria, Muros, Verín e Ourense cidade. Polo momento estamos nunha etapa inicial.

 

Aspiran a entrar no Parlamento de Galicia nas próximas autonómica, pero para iso necesitan, a lo menos, un 5% dos votos emitidos.

Se estamos dicindo que temos un público obxectivo do 70% da cidadanía, o 5% do Parlamento non nos mete medo. Ou entra unha cuarta forza política na escena do espazo central ou hai PP para outros 15 ou 16 anos.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
O nacionalismo de centro, Imprescindible
duar
2009-11-07 13:50:07
É imprescindible un novo partido cas raíces postas sen complexos na tradición liberal-demócrata europea e no compromiso con Galicia.Avante e ánimo Converxencia
2
QUÉ BIEN
MARINA
2009-11-05 16:02:17
Ay qué bien. Cuiña junior ya tien casita, hala Rafaé, vete con este y deja de incordiar. yo creo, sin embargo que teniendo encuenta como respira la gente en la calle, para lo que sía hay espacio es para un partído NO NACIOANLISTA, y ese será UPYd, a ver si crece porque la clinetela lo está deseando.
3
Bos principios
Insigalego
2009-10-29 19:49:48
Paréceme ben ás pretensións do achegamento que se predica por parte desta nova formación política; pero entendo que é un mal principio que faga deostación cara a persoeiros políticos dunha tendencia, como dín caso de Soto e Marfany, esquecendo ós demáis. Mal cheiro inicial.
4
Paréceme ben
Fiz
2009-10-27 23:47:33
Todo o que sexa a chegada de novas opcións para diversificar o parlamento galego paréceme positivo, do pobo galego depende se lle dan o apoio suficiente para acadar representación. Sempre o pensei, creo que unha opción moderada de centro, reformista eliberal que defenda os intereses xeris de Galicia pode ser tremendamente ilusionante. Un nacionalismo como o de CiU estou seguro que acabaría por botar raices, custaría porque a sociedade galega é por natureza desconfiada, pero unha vez instalada e cun traballo constante e serio, asentaríase para quedarse e con vocación maioritario...eis a eiva do BNG.
5
Un proxecto moderno e valente
duar
2009-10-25 23:15:25
converxencia21,xa con centos de siareiros.A nova forza que impulsara o progreso de Galicia, noraboa e adiante
6
Por qué?
manuel97@hotmail.com
2009-10-25 12:19:44
Si que é galego si, que o resto dos galegos o cuestionan. Sempre en Jalisia!!! A min, todo o que dixo, sen interpretacións trangalleiras parez me moi razoable. Eu, por agora, non me considere converxente, e prefiro considerarme de esquerdas, pero que a esquerda me siga tocando os webs, veredes... Sempre igual. Ao fin, o nacionalismo galego de "esquerdas" está máis comodo co "invasor" sempre. Que peñaaazo!!! Somos persoas, a ver se respetamos a dignidade humana un pouquiño máis.
7
Se os "nicks" foran votos...
Agapito
2009-10-24 11:40:30
Se os "nicks" e mensaxes diversos e un só emisor verdadeiro se puideran multiplicar en votos e en xente, que ben o ía pasar este señor Padín. Esto de facer un partido unipersoal (salvando primos, amiguetes e demáis familia) xa está moi visto, home. A ver si sacas un concelleiro na túa vila (que non cidade, como a defines no teu blog), e vas que te esmendrellas.E a ver se "pillas cacho" sendo bisagra,collendo unha concellería e unha dedicación que che quite de autónomo, etc... Pero deixa de martirizarnos cos múltiples seudónimos e mensaxes de autoánimo, que "cantan" máis que un calcetín usado de sete días, ou máis que La niña de los Peines,citada polo señor Lobesno na mensaxe anterior.
8
Experimentos e gaseosa
Cabalecho
2009-10-24 00:35:43
Os experimentos en política... Xa existiron partidos políticos cuxa ideoloxía era o galeguismo político eo interclasismo e desfixéronse ou desfixéronnos dende adentro e dende afora. Houbo momentos nos que poideron supervivir eses partidos: a desfeita do PSOE por o Gal e Filesa ou cando non existía o PP e ainda agromaba AP. Sen embargo, aqueles galeguistas, cultos e próximos a camilla de D. Ramón Piñeiro, non apostaron por o Partido Galeguista, o que hoxendía está incardinado no PNG-PG, e preferiron facelo en todos os partidos do abano político galego de enton. Un partido galeguista do corte do que se está tentando artellar, sería, na miña opinión,en caso de ter un mínimo éxito eleitoral, unha sucursal superminoritaria do PP ou do PSOE. Serían estes mesmos psrtidos, os que, coma pasoulle a CG no seu momento, criarían división interna apelando aos personalismos e prebendas e turrarían un por cada lado ata esnaquizalo. Mais BNG, non sei se con outro nome,coido que sería un bon xérmolo para ter unha opción política galega razonabelmente realista e próxima ao pensar da cidadanía galega do século XXI. De todos os xeitos, e ainda que non vos acompañe, graciñas por pensar, de boa fé, en clave galega.
9
Cruzando Variables
Anxo Lobesno
2009-10-23 00:49:11
Xa temos quen alimente as futuras mocións de censura do PP.Así que era iste o que se pasaba todo o día (hoxe tamén)mandando mensaxes baixo diversos nicks para publicitar o seu invento.Si home sí, o que necesitamos eiquí é un novo partido de dereitas.Botábanse en falta xentes de dereitas neste país, porque nese aspecto estabamos desasistido, si señor. As referencias son o compañeiro Soto e Marfany Oanes , oia, e Victor Moro? Y la Niña de los Peines? Y Manolo Escobar?. Moitas veces cando se ven reportaxes sobre paises como Palestina, Marrocos ou Etiopía, ún queda abraiado ao contemplar a pobreza, pero pocas veces teño visto imaxes da pobreza tan estarrecedoras como a que transmite o discurso deste individuo, ao que non lle acae nada mal o termo acuñado de "pensamento débil".Non sei nada da procedencia deste líder pero sí sei cál é o futuro da súa formación : (Segue no primeiro parágarfo desta mensaxe)...

1 |  |     

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.