A deputada nacionalista Ana Pontón criticou que o “descenso” nos fondos destinados ao complexo do monte Gaiás non redunde en beneficio das industrias culturais galegas e preguntoulle a Roberto Varela onde foron parar os 22 millóns que manexaba a Fundación Gaiás antes de se fusionar coa Fundación Cidade da Cultura. O conselleiro fixouse dous obxectivos para 2010: poñer en funcionamento dos edificios cuxa execución está máis avanzada e acadar unha proxección pública da que a Cidade da Cultura carece na actualidade.
