Domingo, 21 de marzo de 2010 - 15:22 h

Chaves defende a participación de Caamaño na manifestación a prol do galego

Xornal.com Actualizado 01/11/2009 - 00:42 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 0 voto/s

A participación do ministro de Xustiza, Francisco Caamaño, na manifestación do pasado día 18 convocada por Queremos Galego segue a dar que falar. Logo das críticas por parte do PPdeG, no día de onte, o vicepresidente terceiro do Goberno, Manuel Chaves, defendeu que a súa asistencia “foi a título individual e non contra un Goberno”.

En respota a unha pregunta parlamentaria do PP, Chaves considerou que o ministro galego, ten o mesmo “dereito” a asistir a unha manifestación en apoio á lingua que “a presidenta da Comunidade de Madrid, Esperanza Aguirre, a facelo na marcha contra a reforma da lei do aborto”.

Neste sentido, afirmou que “ningún ministro do Goberno se manifestou contra un Executivo autonómico”, polo que afirmou que as críticas do PP veñen porque “non lle gustan as manifestacións multitudinarias”.

Mentres tanto, o presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón, criticou onte a redución dun 20% das contas da Secretaría Xeral de Política Lingüística para 2010 xa que, mentres se reduce as partidas destinadas á promoción interna, increméntanse as de promoción exterior, no marco dunha política autonómica que situou no “tardofranquismo”.

“Para Feijóo o galego canto máis lonxe, mellor”, aseverou Callón en rolda de prensa, mentres denunciou que a Xunta destine a actividades de promoción do idioma fóra de Galicia “case un 15% máis” e reduza, “nun 36%, as partidas para cursos de normalización lingüística”.

Neste mesmo senso, a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística alertou de que as programacións desenvolvidas ao longo do curso por estes departamentos en centros educativos se verán “fortemente resentidas” no caso de aprobarse o actual proxecto de presupostos da Xunta. “Todo isto súmase a un conxento de medidas regresivas”, sentenzan.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.