O voceiro nacionalista no Parlamento, Carlos Aymerich, reclama coñecer os “intereses” que poden ligar ao titular de Presidencia coa empresa Recoletas. Na súa xuntanza de hoxe, o grupo parlamentario do BNG concretará as iniciativas parlamentarias a través das que esixirán que o titular de Presidencia aclare o acontecido no Centro Galego.
